Publicacións

UNITOUR 2019

Imaxe
O martes acudimos co alumnado de 2° bacharelato á feira das universidades celebrada no Auditorio do Mar de Vigo. Alí puidemos obter información de primeira man tanto das universidades galegas (Santiago, Vigo e A Coruña) como doutras estatais. Tamén había escolas específicas de artes e residencias universitarias presentando a súa oferta. As rapazas e rapaces pudieron coller folletos, bolsas e bolis, así como facer consultas personalizadas nos distintos postos.
Unha boa experiencia que esperamos repetir e que se complementará coas charlas de orientación académica no IES e a visita ao campus universitario, dentro das actividades do programa de orientación académica e profesional para bacharelato.

CHARLA POLICÍA-VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
Está mañá, no salón de actos, o alumnado de 4° ESO tivo unha charla sobre a Violencia de xénero impartida pola subinspectora da Policía nacional de Vigo-Redondela.
Coñecimos como comeza a escalada de violencia e as fases polas que pasa normalmente: o "ciclo da violencia". Revisamos o termo e os arrepiantes datos de mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou ex parellas. 
Esta charla enmárcase dentro do Plan director para a convivencia nos centros escolares. Coma sempre, moi interesante e instrutiva.


TEATRO FORO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
Grazas á Fundación Matrix tivemos hoxe unha actividade de teatro foro acerca da violencia de xénero. Foi impactante e moi productiva de cara a reflexionar sobre o tema, nesta ocasión co alumnado de 3°ESO, e sobre a necesidades de actuar ante calquera situación deste tipo que coñezamos. 
Grazas Noelia e José pola vosa intepretación e o bo facer con respecto á concienciación do noso alumnado.





3D-DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

Imaxe
Como cada 3 de decembro, co lema "Baixo o mesmo paraugas", conmemórase en Galiza, nas distintas cidades e localidades, o Día internacional da diversidade funcional.
En Redondela, como non, organizáronse estas actividades que vos deixamos a continuación, entre outras.
Somos diversxs. Somos ricxs.

1° SESIÓN ESCOLA NAIS E PAIS

Imaxe
Onte pola tarde, no salón de actos, tivemos a charla de D. José Torres na primeira sesión de Escola de Nais e Pais deste curso (ENAPAS) organizada polo Departamento de orientación en colaboración co Cefore de Vigo (dentro do PFPP que temos no Pedro Floriani).
O ponente foi moi claro e directo e creou un ambiente distendido e ameno, no que estamos encantadas de que nais e pais participarades activamente. O tema non era para menos: responsabilidade no uso de Internet e redes sociais en menores e a seguridade nas mesmas. Canto temos que aprender e que rápido van as novas tecnoloxías! 
Esperamos seguir colaborando para traer ponencias tan interesantes como esta nas próximas sesións. Grazas a todas e todos por acudir!


DATAS ABAU 2020

Imaxe
A CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) vén de publicar as novas datas da Avaliación para o Acceso á Universidade deste curso, que serán 9, 10 e 11 de xuño en primeira convocatoria (ordinaria) e 7, 8, 9 de xullo en convocatoria extraordinaria, incluíndo como novidade no horario este ano a tarde do terceiro día en ambas convocatorias.

1D-DÍA MUNDIAL SIDA.

Imaxe
"As comunidades marcan a diferenza". É o lema desde ano no Día mundial da SIDA. As comunidades son a alma dunha resposta social efectiva, nesta e noutras causas sociais, e constitúen un importante pilar no que apoiarse.

ESCOLA NAIS E PAIS-CHARLA

Imaxe
O próximo luns 2 de decembro teremos no Floriani a primeira sesión da Escola de Nais e Pais (ENAPAS) deste curso, coa charla impartida por D. José Torres: Responsabilidades e seguridade en Internet e Redes sociais en menores. Agardámosvos de 18:30 a 20:30h.