QUE É A DISLEXIA?

O término dislexia é controvertido, non contando na actualidade cunha definición universalmente aceptada, aínda que si hai certo consenso, por parte da comunidade científica que se ocupa do tema, en considerar a dislexia como un trastorno específico e persistente da linguaxe escrita, caracterizado principalmente por dificultades na exactitude e automatización lectora e escritora. 
De aí que moitas veces se utilice a etiqueta conxunta dislexia-disortografía. Pódese manifestar en distintos graos, ocasionando unha incapacidade total ou parcial para ler e escribir ao largo da vida. É unha dificultade conxénita, hereditaria, cunha base neurolóxica e que a miúdo, forma parte dun problema de linguaxe máis profundo. Non pode ser explicada por deficiencias visuais ou auditivas, por trastornos emocionais ou condutuais, por retraso mental, nin por situacións educativas ”anormais” (como ausencias prolongadas ou repetidas ás clases, metodoloxía de ensinanza inapropiada, cambios frecuentes de profesores ou centros...). Ademáis das dificultades sinaladas na linguaxe escrita, poden verse afectados outros aspectos, tales como: dificultades para seguir instrucións, confusión co vocabulario que ten que ver coa orientación espacial e temporal, dificultades asociadas á discalculia (dificultade para realizar operacións matemáticas) e, en xeral, lentitude no procesamento da información. Como efectos secundarios, o neno/a pode manifestar outros problemas como a falta de confianza, baixa autoestima, ansiedade, depresión, frustración, trastornos do sono, trastornos da alimentación, enuresis, etc. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)