A MEDIACIÓN

A mediación é unha estratexia de intervención imparcial para a resolución de conflitos en que una terceira persoa axuda as partes implicadas a alcanzar un acordo satisfactorio para ambas as dúas.
Sen prexuízo dos procedementos de corrección das condutas gravemente prexudiciais para a aconviencia, os centros poderán utilizar a mediación como estratexia preventiva, resolutiva e reparadora na xestión de calquera conflito entre membros da comunidade educativa.
O plan de convivencia incluirá as directrices para a creación dos equipos de mediación, as características do seu funcionamento e as pautas de actuación que se seguirán para derivar un caso de conflito cara á mediación.
Nos supostos menos graves de situación de acoso, favorecerase a mediación realizada  por alumnado do centro educativo que obtivese formación e cualificación para a intervención nestas situacións.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)