Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2015

AS V XORNADAS DE ORIENTACIÓN NA PRENSA

Imaxe
Fonte: orienta As Barxas

PRAZAS PARA A POLICIA - ANO 2015

Imaxe
Veñen de publicarse no Boletín Oficial do Estado (BOE)  a oferta de emprego público par o Corpo Nacional de Policia para o ano 2015. Son 75 prazas para a escala executiva e 1299 para a escala básica. Accede ao BOE Información dos requisitos en Ibercaja Enlace policia nacional: escala executiva e escala básica

PRAZAS PARA A GARDA CIVIL - ANO 2015

Imaxe
Acábase de publicar no Boletin Oficial do Estado (BOE) a oferta de emprego público para o Corpo da Garda Civil para o ano 2015. Ofértanse 820 prazas para a escala de cabos e gardias. Tamén temos prazas para promoción interna para a escala de oficiais e suboficiais.      Información dos requisitos en Ibercaja Enlace escala de cabos e gardas Enlace escala de oficiais   Fonte: Mónica Díz Orienta

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2015

Imaxe
Ata o 8 de abril de 2015 está aberto o prazo para solicitar praza nas Actividades de Verán que organiza a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. A Campaña de verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo e agosto , tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro. As actividades que se ofertan son: Campamentos Campos de Traballo Actividades para mozos e mozas de 18 a 30 anos QUENDAS IMPLÍCA-T Novidade nesta Campaña de verán, as quendas IMPLÍCA-T , para mozos e mozas de 14 a 17 anos, engaden un compoñente máis activo e participativo, cunha programación que, ademais das actividades de ocio, incluirá outras que supoñen unha implicación real a través de accións que evidencien o seu compromiso e achega á sociedade, incorporando actuacións de voluntariado e participación como poden ser a limpeza de praias e outros espazos nat

VISITA A PSA PEUGEOT-CITROËN

O alumnado de 4º da ESO xunto co profesor de tecnoloxía, a profesora de apoio e o orientador do centro estiveron visitando hoxe, xoves 26 de marzo de 2015,  pola mañá, a fábrica de PSA PEUGEOT-CITROËN. Actividad organizada polo Departamento de Orientación dentro das actividades de EDUEMPRENDE Voltamos encantados da visita pero con moitas ganas de merendar. Deixovos un video para demostrar o ben que o pasamos.   PSA PEUGEOT-CITROËN

CADEA DE FAVORES INFINITA

Imaxe

LISTAXE PROVISIONAL DE INSCRICIÓN E EXENCIÓN EN PROBAS DE CICLO SUPERIOR

Imaxe
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Listaxes provisonais de inscrición e exencións. Convocatoria 2015    LISTAXE

CALENDARIO DE IMPLANTACIÓN DA LOMCE

Imaxe

XORNADAS DE ORIENTACIÓN

Imaxe
Hoxe mércores foi o segundo día das V Xornadas de Orientación ; hoxe adicouse a graos universitarios.

XOGOS PARA EXERCITAR O CEREBRO

Imaxe
Podes atopar ao home?

V XORNADAS DE ORIENTACIÓN

Imaxe
Este martes e mércores (24 e 25 abril) o alumnado de 2º de Bacharelato, xunto cos seus titores e o orientador do instituto, asistirán ás xornadas de orientación que se celebran no auditorio de Cangas. Espero que sexan do voso agrado. Esta tarde, ás 7, no Salón de Plenos do Concello de Cangas, tivo lugar o acto de presentación das V Xornadas de Orientación Académica e Profesional do Morrazo. Mañá, martes 24 de marzo , darán comezo as charlas dirixidas ao alumnado de Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Superior e Educación de Adultos.   Desenvolvéranse 3 mesas redondas: De 9:30 a 11:00 h ., terá lugar a 1ª das charlas-coloquio, a cargo de Luis Herbella, presidente da Comisión Interuniversitaria de Galicia.  Falará do acceso á universidade dende o Bacharelato, dos títulos propios das universidades galegas e das dobres titulacións. De 11:30 a 13:15h ,. haberá dúas mesas redondas simultáneas: Unha sobre a Formación Profesional de Grao Superior : acceso, estrutura,

ECLIPSE DE SOL

Imaxe
Hoxe venres, día 20 de marzo, en Galicia convertirase casi de noite, polo menos, dúas horas. O ECLIPSE DE SOL, o máis importante desta década convertiu a Galicia nun dos puntos privilexiados da península para poder observar un fenómeno extraordinario que se repetira en setembro pero que non será visible desde a nosa comunidade. O sol comezará a desaparecer na oscuridade cando a lúa empece a colocarse entre a terra e o sol. Prevese que de comezo pasadas as nove da mañá para finalizar dúas horas máis tarde. 

EU PODO CONSEGUILO

Imaxe

PERSEVERANCIA

Imaxe
A perseverancia (tenacidade, dilixencia, laboriosidade) é unha fortaleza persoal que se define como: Terminar o que un empeza. Persistir nunha actividade ainda que existan obstáculos. Obtener satisfacción polas tarefas emprendidas e que consiguen finalizarse con éxito (Peterson e Seligman). Un claro exemplo de perseverancia. 

CONVIVENCIA: PROBA DAS VOGAIS- JUAN VAELLO

Imaxe
Convivencia: A clave é o respecto. Pero primeiro o profesor respectará aos alumnos e asegurarase de que a súa clase é digna coa proba dos vogais:  A de atención . En clase a xente atende?  E de empatía . Hai bo rollo, hai calidez?  I de interese . Pásanse voando as clases ou son un ladrillo?  O de orde . Hai orde e respecto?  U de utilidade . Vese útil para o futuro, para saen adiante?  Este test dos vogais ha de pasalo outro profesor non o interesado, e que o responda un ou varios alumnos sensatos, (non necesariamente todos). Se o profesor saca boas notas pode esixir o respecto que necesita os seus alumnos. 

PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS EN ESPAÑA

Imaxe
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España, destinadas a estudantes de Bacharelato , de FP de Grao Medio , de Artes Plásticas e Deseño , de Ensinanzas Deportivas , de Ensinanzas Profesionais de Música e Danza e de Idiomas de Nivel Intermedio e Avanzado . Número máximo de becas : 2.000.  Duración:   Unha semana en réxime de internado e pensión completa a partir do 30 de xuño e durante o mes de xullo de 2015.  Prazo de solicitude: Do 17 de Marzo o 09 de Abril, ambos incluídos Prezo: A  adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade. Con todo, para completar o prezo total do curso os alumnos aboarán 100 euros. Requisitos: Ter nacido entre o 1 de xaneiro do 1995 e o 31 de decembro do 1998 e estar matriculado no curso 2014-2015 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos: Bacharelato; Ensinanzas p

ESCOLAS AFASTADAS

Como ides vós a o i nstituto?

MEDIACIÓN ESCOLAR

Imaxe

PODE SER POSIBLE?

Imaxe

CONVOCADAS AS AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2015, DESTINADAS AO ALUMNADO DOS CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS

Imaxe
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en inglés para o alumnado no verán 2015.  Orde do 2 de marzo de 2015 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.  Destinatarios:  Alumnado de centros de ensino da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos que cursen 1º, 2º, 3º e 4º de ESO ou 1º, 2º de Bacharelato.   Requisitos:  • Estar cursando a ESO ou Bacharelato no curso 2014-15  • Non ter concedida outra axuda para este mismo fin durante este curso  • Nota mínima de inglés no curso 2013-14, Ben ou 6  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2013-14  • Ter DNI ou NIE en vigor (excepto menores de 14 anos)  PRAZO DE SOLICITUDE : Do 17 de marzo ao 16 de abril de 2015

10 CANALES PARA BUSCAR EMPREGO

Imaxe

PROCRASTINACIÓN

Imaxe
A PROCRASTINACIÓN (do latín : pro , adiante, e crastinus , referente ao futuro), POSTERGACIÓN ou POSPOSICIÓN é a acción ou hábito de retrasar actividades ou situacións que deben atenderse, sustituindoas por outras situacións máis irrelevantes ou agradables. Fonte:  orienta As Barxas

COMO ELEXIR UNHA CARREIRA UNIVERSITARIA

Imaxe

PROBAS LIBRES DE IDIOMAS NAS EOI

Imaxe
Ábrese o prazo para matricularse nas probas libres de idiomas nas Escolas Oficiais de Idiomas:   9 ao 26 de marzo de 2015 A matrícula na modalidade libre está dirixida ao alumnado que só quere presentarse ás probas para certificar a súa competencia nas linguas que ofrecen as distintas Escolas. Requisitos: Ter cumpridos 16 anos antes do 31 de decembro do ano no que se celebren as probas, ou 14 anos para calquera idioma distinto do que se está a cursar como 1ª lingua estranxeira n ESO Para presentarse ao C1, hai que certificar previamente o nivel B2 Para mais información, consulta a guía para persoas candidatas Características das probas libres: - Só hai convocatoria de xuño.  Polo que é conveniente que consultes as datas das probas antes de matricularte, porque non se cambian e non se devolve o importe da matrícula.   - A matrícula só da dereito a unha convocatoria.  Se queres volver a presentarte, tes que volver a matricularte.   - Podes presentar

GRAOS NAS UNIVERSIDADES GALEGAS

Imaxe

INSTITUTO

Imaxe

ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLASTICAS E DESEÑO

Imaxe
ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLASTICAS E DESEÑO PROBAS DE ACCESO  PARA AS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLASTICAS E DESEÑO

1ª FEIRA DE ENSINANZAS PROFESIONAIS E ARTÍSTICAS

Imaxe

REVISTA Nº 9 CONVIVES

Imaxe
  O número 9 da revista Convives está adicado a explorar as relacións entre a orientación e a convivencia escolar.    REVISTA Nº 9 - REVISTA DIXITAL DA ASOCIACIÓN CONVIVES. Marzo 2015 FONTE: CONVIVES

MEDIACIÓN NA PRÁCTICA. MANUAL DE IMPLANTACIÓN DUN SERVIZO DE MEDIACIÓN ESCOLAR

Imaxe
Este manual sobre a MEDIACIÓN publicado por profesores e profesoras de catro institutos de educación secundaria (IES "Fin do Camiño" de Fisterra, IES "Alto Nalón" de Barredos-Laviana, IES "Monte Obarenes" de Miranda de Ebro, e IES "Portada Alta" de Málaga) que trata sobre como constituir un servizo de mediación entre iguais nun instituto de maneira efectiva. No noso instituto estamos nese proceso, a punto de comezar a formación de mediadores, esperamos que todo saia ben. ÁNIMO, FUTUROS MEDIADORES FONTE: Silvina Paricio Orienta

XORNADA DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DO CPI CURROS ENRIQUEZ E IES ILLA SAN SIMÓN

Imaxe
O xoves día 5 de marzo recibimos no noso instituto ao alumnado de 4º ESO do CPI CURROS ENRIQUEZ e do IES ILLA DE SAN SIMÓN, dentro do PLAN DE ACOLLIDA para o próximo curso. Despois de facer as presentacións o equipo directivo, procedeuse a falar do novo bacharelato e dos ciclos formativos de grao medio, uns compañeiros de 1º Bacharelato fixerón unha presentación do instituto. Coa compañía do alumnado de 4º ESO do noso instituto visitamos as instalacións dos ciclos do noso centro e as distintas dependencias: aulas informática, laboratorios (ciencias naturais e física e química), aula de arte, … Logo do recreo, sacamos unha fotos e despedímonos. 

CAMPUS CIENTÍFICO VERÁN 2015 - 4º ESO E 1º BACHARELATO

Imaxe
A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, coa colaboración de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional e o apoio de Obra Social "A Caixa", poñen en marcha a 6ª edición do programa Campus Científicos de Verán (CCV), dirixido a 1.920 estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato .    Durante 7 días os alumnos/as-participantes estarán en contacto coa investigación científica, participando nun proxecto de achegamento científico  deseñado para eles por profesores de Universidade e de Ensino Secundario. O programa completarase con actividades de ocio científico-cultural (conferencias, visitas a museos e centros de ciencia...) e deportivas. Prazo para a presentación de solicitudes: dende o 26 de febreiro ata o día 20 de marzo de 2015 . INFORMACIÓN: http://www.campuscientificos.es CONVOCATORIA:  BOE de 25 de febreiro de 2015

CONSELLOS PARA ESTUDAR COS FILLOS

"APRENDENDO A ESTUDAR" Consellos para estudar cos fillos  

UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS

DOCUMENTO PARA ENLACES

MALALA, A NENA PAQUISTANÍ QUE LOITA POLA EDUCACIÓN DOS NENOS NO SEU PAÍS

Imaxe

MALALA YOUSAFZAI

Imaxe
 Malala a nena paquistaní que loita pola educación dos nenos e nenas no seu país.   Nacida en Swat, Jaiber Passtunjué, Paquistán. Seu pai é Ziauddin Yusafzai e ten dous irmáns. Fala pastún e inglés, e é coñecida polo seu activismo a favor dos dereitos civís, especialmente dos dereitos das mulleres no vale do río Swat, onde o réxime talibán prohibiu a asistencia a escola das nenas.  A idade de 13 anos, Malala Yúsafzai alcanzou notoriedade ao escribir nun blog para a BBC baixo o pseudónimo Gul Makai, explicando a súa vida baixo o réxime de Tehrik e Taliban Paquistan (TTP) e os seus intentos de recuperar o control do vale tras a ocupación militar obligáralles a saír ás zonas rurais.  Os talibáns obrigaron ao peche das escolas privadas e prohibiuse a educación das nenas entre 2003 e 2009. Atentado:  O 9 de outubro de 2012 en Mingora, foi vítima dun atentado por un miliciano do TTP, o cal lle disparou en repetidas ocasións cun fusil dándolle no cranio e no pescozo, polo cal foi

QUEN É?

Imaxe