CAMPUS CIENTÍFICO VERÁN 2015 - 4º ESO E 1º BACHARELATO



A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, coa colaboración de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional e o apoio de Obra Social "A Caixa", poñen en marcha a 6ª edición do programa Campus Científicos de Verán (CCV), dirixido a 1.920 estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato
 
Durante 7 días os alumnos/as-participantes estarán en contacto coa investigación científica, participando nun proxecto de achegamento científico  deseñado para eles por profesores de Universidade e de Ensino Secundario. O programa completarase con actividades de ocio científico-cultural (conferencias, visitas a museos e centros de ciencia...) e deportivas.

Prazo para a presentación de solicitudes: dende o 26 de febreiro ata o día 20 de marzo de 2015.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN