Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2015

CHARLA: PREVENCIÓN NO CONSUMO DE DROGAS

Imaxe
Este luns, día 27 de abril, tivemos no noso instituto unhas charlas sobre a prevención de consumo de drogas co alumnado de 1º de ciclos medios: CM de instalacións de telecomunicacións e CM de xestión administrativa, a cargo da asociación Rexurdir.  Damos as grazas a Patricia e Susana polo interese mostrado e pola seu traballo. —

DIVERSIDADE

Imaxe

SERVIZO UNIVERSITARIO DE RESIDENCIAS (USC)

Imaxe
SERVIZO UNIVERSITARIO DE RESIDENCIAS

ACCESO AOS ESTUDOS SUPERIORES DE ENSINANZAS ARTÍSTICAS PARA O CURSO 2015/2016

Imaxe
A Consellería de Educación, Cultura e Deporte ven de publicar instrucións para o acceso e admisión dalgúns dos estudios superiores de ensinanzas artísticas que se imparten na nosa Comunidade Autónoma, para o curso 2015/2016 Acceso e admisión a estudios superiores de Arte Dramática Acceso e admisión as ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais                                                                 Acceso e admisión ás ensinanzas superiores de deseño Tede en conta que ambas ensinanzas, ademais dos requisitos académicos, poden esixir unha proba específica de acceso.   Polo que comprobade ben os prazos. Ademais, para aqueles que queiran acceder ás ensinanzas artísticas superiores e non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente e cumpran 19 anos no 2015, a Consellería de Educación ven de convocar probas.  Si se superan estas probas mais as probas específicas correspondentes, poderase acce

REDONDELA EN CURTO

Onte venres, pola mañá, o alumnado de 2º e 4º da ESO, xunto co alumnado de 1º de FPB e acompañados polo profesorado do centro, estivenos de "CURTOS", REDONDELA EN CURTO (vendo curtometraxes). No salón multiusos A Xunqueira de Redondela proxectaban uns curtos relacionados coa temática da diversidade, todos moi bos: Inocente , Cuerdas , El Tonto del Bote , Rui e as Baleas , Trece segundos , Atropellado e Sangre de dragón . Ao final tivemos que votar por un, eu votei por CUERDAS , un corto de animación que toca a parte sentimental de moitos de nós. Despois da proxección dos curtos, Mauro Rodríguez , sen dúbida, un exemplo a seguir para todos nós, tivo unha charla con todos os asistentes, na que relatou os seus comezos como deportista e abordou algúns aspectos da súa carreira profesional, Mauro recibiu un agasallo e uns merecidos aplausos de todo o auditorio. Grazas Mauro por demostrarnos que non existen barreiras nesta vida, moitas cousas son cuestión de esforzo.

O SÍNDROME DE ASPERGER

Imaxe

LONDRES 2015

Imaxe
Que ben o están a pasar os nosos alumnos e alumnas de 1º de bacharelato en Londres. Disfrutade mentres podades, a pasalo ben. 

FELIZ DÍA DO LIBRO

Imaxe

PROBAS FÍSICAS

Imaxe
Información sobre as probas físicas de acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte que se imparte na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra. Convocatoria de probas de aptitude para o acceso ao grao en CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE  Regulamento 2015  Modelo de solicitude Procedemento de pago

RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS EN GALICIA

Fonte: Monica Diz Orienta

REFLEXIÓNS DUN ESTUDANTE E RESPOSTA DUNHA ORIENTADORA

Imaxe
______________________________________________________________________ Fonte: Convivencia y orientación en Perillo

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN DAS MATERIAS DA FASE ESPECÍFICA DA PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE NO CURSO 2015/2016

Imaxe
Parámetros de ponderación 2015

ACOSO: GROOMING, SEXTING E CIBERBULLYING

Imaxe

AXENDA ESCOLAR CURSO 2015/2016

Imaxe
Que vós parecería ter unha axenda para o próximo curso? Unha axenda do instituto? Nela podería anotar todos os deberes,  os traballos para facer, as diferentes actividades organizadas polo centro, as notas que vou sacando, os libros de lectura,  ... e moitas anotacions. Desta maneira non tería que mercala e ven adaptada as nosas características.  Gustache?

LUGAR DA PROBA DE ACCESO A CICLO SUPERIOR

Imaxe
O alumnado que presentou a inscripción  no noso instituto realizará a proba no IES A GUIA  de Vigo Non esquezades que a proba é o día 29 de abril. Listaxe definitiva Lugares e sedes  Toda a información

MOTIVACIÓN

Imaxe

PROBAS LIBRES PARA OBTENCIÓN TÍTULOS FP (LOE) CURSO 2014/2015

Imaxe
A Conselleria de Educación convocou as  Probas de obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de FP  LOE na Comunidade Autónoma de Galicia para o 2015. O obxectivo destas probas é que as persoas participantes obteñan directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren que alcanzaron os obxectivos establecidos no currículo correspondente.    REQUISITOS XERAIS DOS PARTICIPANTES: Ter 18 anos, para os títulos de técnico. Ter 20 anos, para os títulos de técnico superior, ou 19 no caso de posuír xa o título de técnico. Non estar matriculado/a en ciclos de FP nin ter causado baixa no presente curso académico. Excepcionalmente, logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, poidan acreditar experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha activid

CAMIÑO DO ÉXITO

Imaxe

SEMANA DA SAÚDE

A semana pasada celebrouse no instituto a SEMANA DA SAÚDE para lembrar e prácticar certos hábitos saudables;  organizada polo departamento de educación física . Diferentes actividades para diferentes cursos, almorzo saudable, xogo do triviial, acrobacias, charla alimentación para 4º ESO (cruz vermella), charla sobre o consumo responsable (1º bach), atletismo (altura), triatlon para 2º ESO, atletismo (pértiga), ciclismo, basquet, loita, ... e no recreo proxección de diferentes presentacións saudables, o xoves "corre como unha nena". Aquí deixo unhas fotos, espero que vós gusten.

QUE GRAO ESTUDAR E DONDE?

Imaxe
QEDU Información para coñecer a oferta de estudos universitarios en España, lugares para estudar, rendemento estimado e algún dato sobre o mercado laboral. Fonte: Guia de información académica e profesional

ORGANIZACIÓN NA ESO E BACHARELATO - LOMCE

ORGANIZACIÓN ESO E BACHARELATO  

EXAMES

Imaxe

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

Imaxe
Dende o martes 7 de abril, e ata o luns 20 de abril, está aberto o prazo de inscrición nas probas de acceso a ciclos de grao medio.  Os requisitos para presentarse á proba son:   Non estar en posesión do título de Graduado en ESO  Cumprir 17 anos no ano 2015  A inscrición deberá realizarse nun instituto que imparte ciclos de formación profesional, por exemplo o noso instituto. A superación da proba de acceso dará dereito a cursar calquera ciclo formativo de grao medio en calquer instituto. A validez da superación da totalidade da proba de acceso non ten data de caducidade.  Exames convocatorias anteriores

GRAO EN ENXEÑARÍA QUÍMICA NA USC

Imaxe

EUROLINGUA

Imaxe
Obxeto : Eurolingua Venairlanda realiza a súa 3ª Convocatoria de Bolsas para Cursos de Inglés en Irlanda (cidades Dublín e Derry) de dúas semanas de duración durante o mes de agosto de 2015 cun programa de inmersión todo incluido. A data de saída será o 28 de Xullo. Establécese un lote global de 10 bolsas dirixidas a estudantes universitarios, de bacharelato ou formación profesional cunha dotación presupuestaria aportada por Eurolingua Venairlanda na súa totalidade. Os cursos estarán cubertos ao 100% e incluirán entre outras cousas: Recollida no aeroporto e traslado ao aloxamento. Aloxamento en familia ou residencia universitaria. Programa de 20 clases de inglés por semana, con Internet e material didáctico. Programa de actividades culturais, visitas e excursións. Certificado, supervisión e teléfonos de emerxencia. Non incluido, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión. Requisitos Bolsas Curso en Irlanda   Querer realizar un cur

PROBAS FÍSICAS DE ACCESO AO GRAO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE

Imaxe
Información sobre as probas físicas de acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte que se imparte na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra. Convocatoria de probas de aptitude para o acceso ao grao en CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE  Regulamento 2015  Modelo de solicitude Procedemento de pago

REGRAS PARA ESTUDAR NA CASA

Imaxe
Infografía de aulaplaneta.com : 8 regras fundamentais á hora de estudar na casa  Fonte: Silvina Paricio Orienta

BECAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA PARA 1º E 2º ESO

Imaxe
O Ministerio de Educación, Cultura y Deporte convoca becas para participar en Colonias de Inmersión Lingüística en inglés para o verán de 2015 . Están destinadas a alumnado de 1º y 2º de ESO . Os beneficiarios asistirán ás colonias de inmersión lingüística, en réxime de internado, durante unha quincena do mes de xullo, na que traballarán aspectos orais da lingua inglesa mediante actividades deportivas e lúdicas nas instalacións situadas no territorio español peninsular. REQUISITOS: Estar matriculado en centros sostidos con fondos públicos durante o curso 2014/2015. Ter unha nota mínima de Notable como nota media do curso 2012/2014. Ter unha nota mínima de Notable como nota final en Inglés no curso 2013/2014. Non ser beneficiario da axuda en convocatorias anteriores. DOTACIÓN: A axuda contribue ao pago dos gastos de ensinanza, material, manutención e aloxamento. O beneficiario aboará á  empresa organizadora a cantidade de 50 € (grupo I- orfandade, desempre