BECAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA PARA 1º E 2º ESO

O Ministerio de Educación, Cultura y Deporte convoca becas para participar en Colonias de Inmersión Lingüística en inglés para o verán de 2015. Están destinadas a alumnado de 1º y 2º de ESO.

Os beneficiarios asistirán ás colonias de inmersión lingüística, en réxime de internado, durante unha quincena do mes de xullo, na que traballarán aspectos orais da lingua inglesa mediante actividades deportivas e lúdicas nas instalacións situadas no territorio español peninsular.


REQUISITOS:
  • Estar matriculado en centros sostidos con fondos públicos durante o curso 2014/2015.
  • Ter unha nota mínima de Notable como nota media do curso 2012/2014.
  • Ter unha nota mínima de Notable como nota final en Inglés no curso 2013/2014.
  • Non ser beneficiario da axuda en convocatorias anteriores.

DOTACIÓN:
A axuda contribue ao pago dos gastos de ensinanza, material, manutención e aloxamento. O beneficiario aboará á  empresa organizadora a cantidade de 50 € (grupo I- orfandade, desempregado, familia numerosa ou monoparental, minusvalía) ou 200 € (grupo II- resto de alumnado). Os gastos de transporte da vivenda ás instalacións corren por conta do beneficiario. 



DURACIÓN:
1º ESO: 1ª Quincena de xullo (28/06/2015 al 12/07/2015)
2º ESO: 2ª Quincena de xullo (12/07/2015 al 26/07/2015)

PRAZO DE SOLICITUDE: Do 1 ao 20 de abril de 2015. 

ENLACES Á CONVOCATORIA e SOLICITUDE:

Fonte: Mónica Diz Orienta

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN