REDONDELA EN CURTO

Onte venres, pola mañá, o alumnado de 2º e 4º da ESO, xunto co alumnado de 1º de FPB e acompañados polo profesorado do centro, estivenos de "CURTOS", REDONDELA EN CURTO (vendo curtometraxes).
No salón multiusos A Xunqueira de Redondela proxectaban uns curtos relacionados coa temática da diversidade, todos moi bos: Inocente, Cuerdas, El Tonto del Bote, Rui e as Baleas, Trece segundos, Atropellado e Sangre de dragón. Ao final tivemos que votar por un, eu votei por CUERDAS, un corto de animación que toca a parte sentimental de moitos de nós.
Despois da proxección dos curtos, Mauro Rodríguez, sen dúbida, un exemplo a seguir para todos nós, tivo unha charla con todos os asistentes, na que relatou os seus comezos como deportista e abordou algúns aspectos da súa carreira profesional, Mauro recibiu un agasallo e uns merecidos aplausos de todo o auditorio. Grazas Mauro por demostrarnos que non existen barreiras nesta vida, moitas cousas son cuestión de esforzo.




REDONDELA EN CURTO

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN