Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2015

XUBILACIÓN DE SALVADOR

Imaxe
Dende o Departamento de Orientación do instituto queremos desexar o mellor a un compañeiro nesta nova etapa da vida; e eu persoalmente agradecer toda a axuda prestada agora, e aínda cando non me coñecía. Unha aperta moi grande para Salvador

A GRADUACIÓN DE 2º NO FARO DE VIGO

Imaxe
Fonte: Faro de Vigo

DOBRES GRAOS

Imaxe
Estudar dúas titulacións universitarias é unha elección que cada vez cobra máis protagonismo na oferta de estudos universitarios nas universidades públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. A principal vantaxe de elixir esta modalidade de estudos é que canto remates terás conseguido dous títulos universitarios oficiais que se complementan para desempeñar postos de traballo de moita cualificación e alto rendemento. Os anos que che levaría facer dúas titulacións serían 8, pero no caso dos dobres graos poderás rematar en 5 ou 6 anos. Accede a estes enlaces para coñecer a oferta de dobres graos para o curso 2015/2016 en España e nas universidades galegas de Vigo , Coruña e Santiago de Compostela. Oferta de dobres titulacións en toda España . Oferta de dobres Graos na Universidad de A Coruña:  BIOLOXÍA e QUÍMICA , (10 prazas e unha nota de corte que foi de 11.514).  TURISMO e CIENCIAS EMPRESARIAIS , (30 prazas e unha nota de corte de 7.784). ADMINISTRACIÓN E D

MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN AUTONÓMICA ELIXIBLES

Imaxe
Para coñecemento da comunidade educativa, dáse difusión ao Proxecto de Orde pola que establece a relación de materias de libre configuración autonómica en ESO e no Bacharelato, se regula o seu currículo e a súa oferta. Próxima publicación no DOG  Artigo 2. Materias de libre configuración autonómica elixibles 1. Na etapa de educación secundaria obrigatoria , as materias de libre configuración autonómica elixibles que os centros docentes poderán ofrecer, en función da dispoñibilidade dos recursos e da organización do centro, son: Paisaxe e Sustentabilidade, Educación Financeira, Investigación e Tratamento da Información, Oratoria, Programación, Promoc ión de Estilos de Vida Saudables e Xadrez.   2. Na etapa de bacharelato , as materias de libre configuración autonómica elixibles que os centros docentes poderán ofrecer, en función da dispoñibilidade dos recursos e da organización do centro, son: Antropoloxía, Literaturas Hispánicas, Robótica, Ética e Filosofía do Dereito,

PROBAS LIBRES TÍTULO ESO

Imaxe
Resolución do 14 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización. Os prazos de matrícula serán: – Convocatoria de maio: 16 de marzo ao 27 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos. – Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2015, ambos os dous incluídos. Máis información Probas - exames

CONVOCATORIA DE PRAZAS DE ALOXAMENTO NAS UNIVERSIDADES GALEGAS 2015-16

Imaxe
Convocatoria  para o curso 2015-2016 da Universidade de Santiago de Compostela Convocatoria  para o curso 2015-2016 da Universidade de  Vigo Convocatoria para o curso 2015-16 aínda sen publicar, o acceso a web é este    FONTE: Orienta As Barxas 

PELÍCULA DA ENTREGA DE ORLAS 2015

Imaxe
La vida es bella. Tú verás  como a pesar de los pesares tendrás amor, tendrás amigos. (Juan Goytisolo)

ENTREGA DE ORLAS 2015

Imaxe

RECLAMACIÓN E 2º CORRECCIÓN DAS PAU

Imaxe
Reclamación e/ou Segunda Corrección (CIUG)

FELICIDADES

Imaxe

PREINSCRIPCIÓN NAS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS 2015/2016

Imaxe
Comeza o periodo das preinscricións nas Universidades dalgunhas Comunidades Autónomas. Ademais de doado xa que se realiza por internet, se queres estudar un Grao universitario é recomendable realizar a preinscrición en varias Universidades para logo, entre as que che acepten, matricularte na que máis che interese. Déixoche unha das mellores páxinas dende a cal poderás acceder a todos os enlaces para realizar a preinscrición on-line en cada Distrito Universitario (correspóndense coas Comunidades Autónomas). Recorda que só deberás realizar unha única preinscrición en cada Distrito (comunidade autónoma), e que os prazos, procedimientos,… se diferencian levemente en cada unha delas. Miradeos ben. Prazos de preinscripción nas universidades españolas 2015/2016   Webs de Universidades Españolas (CIUG)   Yaq.es: Preinscrición online en todas as universidades españolas PORTAL DEL MECD Fonte: orientaguía

SELECTIVIDADE

Imaxe
A Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, a LOMCE , prevé suprimir a proba de SELECTIVIDADE dentro de dous cursos e substituíla por unha reválida ao final do bacharelato. Os estudantes deberán aprobar ese exame para seguir estudando pero haberá máis requisitos que os campus empezan a deseñar.  A LOMCE permite ás universidades establecer probas individuais. Que pasa se a un alumno lle interesan varios campus? Terá que ir examinarse un por un? E que fará quen queira subir nota para acceder a unha enxeñaría, por exemplo? Os reitores buscan fórmulas que non obriguen ao alumno, necesariamente, a deambular campus tras campus, exame tras exame. Hai comunidades autónomas que previron que todas as súas universidades convoquen a mesma proba; outras -as que só teñen un campus público, como a Universidade de Zaragoza, en Aragón- que ven con bos ollos un exame xeral coordinado por institucións superiores, como a conferencia de reitores ( CRUE ) ou a Universidade Na

EDUCAR Y ORIENTAR nº 1 nº 2

Imaxe
Educar y orientar - La revista de COPOE

FP DUAL CURSO 2015-2016

Imaxe
A Orde do 3 de xuño de 2015 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas ensinanzas. Oferta de ensinanzas:    Concello      Centro educativo                 Código ciclo     Ciclo formativo Entidade colaboradora A Coruña IES A Sardiñeira SQUI02 Química industrial Repsol Petróleo, S.A. Lugo CIFP Politécnico de Lugo MEOC01 Construcción - Construcciones Seijas Enríquez, S.L. - Garvi Lugo Construcciones Proyectos y Reformas, S.L. - José Mourelle Díaz. - Luís Villamide, S.L. - Odegal, S.L. - Oltaya Lugo, S.L. - Óscar Piñeiro López - Recubre Lugo, S.L. - Reforma Noroeste C.B. - Reformas y Sistemas de Galicia, S.L. Ourense IES Universidade Laboral MTMV01 Carrozaría Unidad de Vehículos Industriales, S.A.(Unvi) Pontevedra CIFP Carlos Oroza SHOT01 Xestión de aloxamentos turísticos Arlea Hotels, S

PROCESO DE ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS PARA O CURSO 2015/2016

Imaxe
Actualizada toda a información relativa ao proceso de admisión a ciclos formativos para o curso 2015-2016.   - Admisión grao medio  - Admisión grao superior  Prazo de admisión de solicitudes:  - Do *17 de xuño* ao *2 de xullo* de 2015 en período ordinario para quen cumpra os requisitos en xuño. - Do *1* ao *11 de setembro* de 2015 en período extraordinario.  O prazo de presentación de solicitudes abrangue desde o 17 de xuño ata o 2 de xullo ás 13.00 horas . INFORMACIÓN  PRAZOS DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2015/2016  INSTRUCIÓNS XERAIS  ENLACE FOLLETOS INFORMATIVOS  EFERTA DE CICLOS E OS CÓDIGOS CORRESPONDENTES  Réxime ordinario Este réxime está organizado en cursos, normalmente dous, en quendas de mañá e tarde. A asistencia ás clases é obrigatoria. O alumnado que estea en condicións de pasar a segundo curso deberá realizar unha solicitude de admisión aínda que terá a praza garantida sempre que sexa no mesmo centro. O alumnado que teña que repetir

INSTRUCIÓNS PARA O ACCESO E ADMISIÓN NAS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO 2015/16 EN GALICIA. CICLOS SUPERIORES.

Imaxe
Publicouse a  Resolución do 22 de maio de 2015  coas instrucións para o  acceso e admisión nos ciclos superiores de Artes Plásticas e Deseño  para o curso 2015/2016 en Galicia.  Folleto PUBLÍCANSE: As datas para a solicitude de admisión e  inscrición nas probas específicas de acceso e de madureza:  Do 3 ao 18 de xuño.  As datas e horarios das probas:   A proba de madureza será o 26 de xuño. A proba específica o 9 de xullo de 2015. Os contidos das probas. As datas para a matrícula nos ciclos.  Os impresos de solicitude de admisión. REQUISITOS: ACCESO DIRECTO:  Estarán exentos de realizar a proba específica de acceso ao grao superior:  a) Quen estea en posesión dun título de técnico superior de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas que se desexen cursar ou título declarado equivalente. b) Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental. c) Título superior de artes plásticas

CALENDARIO ESCOLAR 2015/2016

Imaxe
COMEZO E REMATE DO CURSO:  No 2ª ciclo de Educación Infantil, Educación Especial e Educación Primaria: Do 10 de setembro ao 22 de xuño. En Educación Secundaria e Formación Profesional: Do 15 de setembro ao 22 de xuño. En Ensinanzas de Réxime Especial: Do 15 de setembro ao 30 de xuño. PERÍODOS DE VACACIÓNS: Nadal: desde o día 21 de decembro de 2015 ata o día 6 de xaneiro de 2016. Entroido : días 8, 9 e 10 de febreiro de 2016. Semana Santa : desde o día 21 ao 28 de marzo de 2015. Día do Ensino : 30 de Outubro de 2015. Calendario escolar 2015-2016

ORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIA (2015)

CUALIFICACIÓNS PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIO

Imaxe
Publicada a listaxe provisoria das cualificacións das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio. Poderanse presentar reclamacións contra a cualificación provisoria desde o día 15 ao 17 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.   OS MEUS PARABÉNS A  SARA , BRAIS , LETI E ALEX . Información: cualificacións probas de acceso a CM

SELECTIVIDADE 2015

Imaxe
Antes do exame: . Encontrar o sitio axeitado para repasar. . Non tomar fármacos nin bebidas enerxéticas en exceso. . Intentar durmir un mínimo de sete horas. . Non se poñer en contacto con amigos que estean moi nerviosos. . Preparar o material necesario para realizar o exame o día anterior. . Se é posible, visitar o edificio onde vai ser o exame.   O día do exame, antes da proba: . Ir sen présas ao exame. . Non ir co estómago vacio . . Evitar o último repaso a fondo. . Non comentar o temario cos compañeiros antes do exame. . Se notan que están tensos, practicar técnicas de relaxación.   Durante a proba: . Ler todas as preguntas e empezar polas que mellor saiban. . Intentar controlar o tempo en todo momento. . Deixar tempo para repasar, ollo ás faltas de ortografía, se non se está seguro de como se escribe unha palabra, poñer un sinónimo.

YO SOY TÚ

Imaxe
O Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, pon en marcha unha campaña de sensibilización contra a discriminación e pola diversidade entre mozos e mozas de 13 a 20 anos. Inclúe a creación da web www.yosoytudiversidad.es e o concurso #yosoytu no que poden participar ata o 15 de xuño. Hai tres categorías: foto, videocreación e vídeo musical.  Os gañadores (un por categoría) obteñen un iPad Mini de premio. Este é o vídeo promocional da campaña. Fonte: orientación educativa

PROBAS DE ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS

Imaxe
Publicouse no DOG do 5 de xuño a resolución pola que se convocan as probas de acceso ás ENSINANZAS DEPORTIVAS para o curso 2015-2016. Prazo de inscrición nas probas: Do 6 ao 10 de xullo de 2015.   Aquelas persoas que teñan pendente algunha materia de bacharelato ou ESO poderán presentarse á proba de acceso, sempre e cando acrediten no prazo de matrícula, no mes de setembro, a superación da materia ou materias pendentes. En calquera caso poderán presentarse á proba de madureza, que se celebrará o 2 de setembro.    Información: Mónica Diz Orienta   Web consellería

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015/2016

Imaxe
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o curso 2015/2016. Prazos de presentación de solicitudes:  a) Para o alumnado de Educación Primaria e Educación Especial: ata o 01-07-2015 b) Para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 27 de xullo de 2015, ambos inclusive.  c) Para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2015, ambos inclusive.  d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da

CONVIVES

Imaxe
Revista CONVIVES Nº 10

ACOSO ESCOLAR

Imaxe