AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015/2016

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o curso 2015/2016.


Prazos de presentación de solicitudes: 
a) Para o alumnado de Educación Primaria e Educación Especial: ata o 01-07-2015
b) Para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 27 de xullo de 2015, ambos inclusive. 
c) Para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2015, ambos inclusive. 
d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2016.
Requisitos:
  • Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado nos cursos obxecto desta convocatoria en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, nun centro sostido con fondos públicos de Galicia, durante o curso 2015/2016.
  • O alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, matriculado en 3º e 5º de educación primaria ou en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria que non empregue os libros de texto do curso no que estea matriculado recibirá a axuda, e poderá adquirir libros doutros cursos ou material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada caso.
  • Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. 
  • Ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquirido coas axudas do curso 2014/15. O prazo máximo para esta devolución será o 19 de xuño 2015 (alumnado de educación secundaria obrigatoria que teña algunha materia pendente ata o 4 de setembro de 2015).
DOTACIÓN:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concederá as axudas segundo a renda per cápita familiar no ano 2013 (90/104/170/180/250 euros).
MAIS INFORMACIÓN:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)