INSTRUCIÓNS PARA O ACCESO E ADMISIÓN NAS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO 2015/16 EN GALICIA. CICLOS SUPERIORES.

http://www.edu.xunta.es/fp/sites/fp/files/fp/Orientacion/folletos_informativos/ep_art_platicas_deseno.pdf

Publicouse a Resolución do 22 de maio de 2015 coas instrucións para o acceso e admisión nos ciclos superiores de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2015/2016 en Galicia. 



PUBLÍCANSE:
  • As datas para a solicitude de admisión e inscrición nas probas específicas de acceso e de madureza: Do 3 ao 18 de xuño. 
  • As datas e horarios das probas: A proba de madureza será o 26 de xuño. A proba específica o 9 de xullo de 2015.
  • Os contidos das probas.
  • As datas para a matrícula nos ciclos. 
  • Os impresos de solicitude de admisión.
REQUISITOS:

ACCESO DIRECTO: 

Estarán exentos de realizar a proba específica de acceso ao grao superior: 

a) Quen estea en posesión dun título de técnico superior de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas que se desexen cursar ou título declarado equivalente.
b) Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental.
c) Título superior de artes plásticas e título superior de deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
d) Título superior de conservación e restauración de bens culturais, nas súas diferentes especialidades.
e) Licenciatura en belas artes. Arquitectura.Enxeñaría técnica en deseño industrial.
f) Quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, 1 ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo ao que se queira acceder.
ACCESO MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA: 
As persoas que posúan o título de Bacharelato, ou título declarado equivalente, deberán superar unha proba específica.
Aquelas persoas que teñan pendentes algunha materia de bacharelato poderán presentarse á proba de acceso, pero no momento de formalizar a matrícula, no mes de setembro, deberán acreditar que están en posesión da titulación requirida. En calquera caso poderán presentarse á proba de madureza.
ACCESO PARA O ALUMNADO QUE NON REÚNA OS REQUISITOS ACADÉMICOS: 
(proba de madureza + proba específica) 
A persoa que non dispoña do título de bacharel, ou equivalente, deberá ter cumpridos os 19 anos, dentro do ano natural de realización da proba, e superar aproba de madureza, ademais da correspondenteproba específica. 
A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, pola proba a ciclos formativos de grao superior de FP ou pola proba de madureza de grao superior de ensinanzas deportivas.

AS PROBAS: 
Proba de madureza: 26 de xuño de 2015.
1ª parte: 10.00-13.00 h.
2ª parte: 17.00-18.00 h.
Proba específica: 9 de xullo de 2015.
1º exercicio: 10.00-11.00 h.
2º exercicio: 12.00-14.00 h.
3º exercicio: 17.00-19.00 h.

As probas realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela. 



A PROBA ESPECÍFICA consta de 3 exercicios: 
a) Primeiro exercicio: proba escrita. Desenvolvemento por escrito, tempo máximo 1 h, de temas propostos nun texto ou por medio de documentación gráfica relacionados coas artes plásticas. Valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos. 
b) Segundo exercicio: realización. Realización, tempo máximo 2 h, de bosquexos e debuxos sobre un tema proposto que servirán de base para a posterior realización. Valoraranse as destrezas, as habilidades, capacidades de percepción, de observación e de aptitude, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional. 
c) Terceiro exercicio: execución. Execución, tempo máximo 2 h, do xeito que determine o tribunal, cos bosquexos realizados no exercicio anterior, dun traballo relacionado co ciclo ao que o alumno ou alumna aspira a acceder. Valorarase a capacidade artística e a creatividade do/da aspirante, o sentido do espazo e a capacidade compositiva, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional. 
A PROBA DE MADUREZA constará de 2 partes:
1ª parte: versará sobre as materias comúns propias do currículo do bacharelato: - Lingua galega e literatura. - Lingua castelá e literatura. - Lingua estranxeira (inglés ou francés). - Historia de España. - Filosofía e cidadanía .- Historia da filosofía .- Ciencias para o mundo contemporáneo. Cumprirá seleccionar 3 destas materias e desenvolver por escrito 1 cuestión entre 2 que se propoñan, para cada unha das tres elixidas. Tempo máximo 3 horas. Valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas, o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e de síntese.
2ª parte: Historia da arte.



MÁIS INFORMACIÓN:
INFORMACIÓN: BLOG MONICA DIZ ORIENTA

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)