SELECTIVIDADE

A Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, a LOMCE, prevé suprimir a proba de SELECTIVIDADE dentro de dous cursos e substituíla por unha reválida ao final do bacharelato. Os estudantes deberán aprobar ese exame para seguir estudando pero haberá máis requisitos que os campus empezan a deseñar.
 A LOMCE permite ás universidades establecer probas individuais. Que pasa se a un alumno lle interesan varios campus? Terá que ir examinarse un por un? E que fará quen queira subir nota para acceder a unha enxeñaría, por exemplo? Os reitores buscan fórmulas que non obriguen ao alumno, necesariamente, a deambular campus tras campus, exame tras exame.
Hai comunidades autónomas que previron que todas as súas universidades convoquen a mesma proba; outras -as que só teñen un campus público, como a Universidade de Zaragoza, en Aragón- que ven con bos ollos un exame xeral coordinado por institucións superiores, como a conferencia de reitores (CRUE) ou a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). En titulacións con moita demanda, como Medicina, perseguen unha proba específica conxunta para todas as facultades desta disciplina en España.

Unha proba rexional
Os tres campus públicos de Galicia (Santiago de Compostela, Vigo e Coruña) están xa a elaborar unha proba conxunta posterior á reválida, segundo un voceiro da Universidade de Santiago. A Generalitat de Cataluña tamén estuda esa fórmula. "Non queremos prexudicar ao alumno e obrigalo a examinarse en diferentes universidades públicas para intentar acceder a unha mesma titulación", sinala Gaspar Rosell, vicereitor de Política Académica da Universidade de Barcelona.

O caso de Mediciña
Moitos alumnos preséntanse a probas específicas para subir nota e asegurarse unha praza nas carreiras máis demandadas, como Mediciña. Adoitan preinscribirse en máis dunha facultade. Que pasará con eles?
"Gustaríanos facer unha proba común, pero hai dificultades", explica o presidente da Conferencia de Decanos das Facultades de Medicina, Ricardo Rigual. Entre outros inconvenientes, descoñecen cantas persoas aspiran a estudar a súa especialidade porque un mesmo estudante se presenta en varios centros. "Preferimos un exame obxectivo e non unha entrevista que non garante a homoxeneidade", engade Rigual, que dubida que lles dea tempo a pechar un acordo para 2017 e prevé que ese ano se rexerán pola reválida do bacharelato.
 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)