TDAH

Medidas non significativas son  aquelas modificacións nas que non se interfire no currículo, senón nos factores ambientais dentro da aula, na interelación entre profesor-alumno ou en determinados cambios durante os exames. Estas medidas creemos que deben ser de aplicación obrigatoria (non teñen porqué ser todas pero se as mais beneficiosas) xa que non teñen un custo económica, pero se que implican sensibilización e coñecemento do trastorno. 

Algunhas destas medidas poden ser:
  • Sentalo nas primeiras filas de clase e afastado de estímulos distractores como pode ser as ventás. Deste xeito estaremos fomentando unha menor frecuencia de distraccións durante as clases.
  • Reforzo positivo das súas achegas en clase ou de calquera logro conseguido aínda que xa tivese que telo instaurado pola idade biolóxica que ten.
  • Secuenciación das preguntas durante un exame. Porqué imos a poñerlle nunha mesma cara 6 preguntas cando podemos poñerlle 3 máis espazadas. Os nenos con TDAH tenden a pasar dunha pregunta á outra sen completala a anterior. Se reducimos o número de preguntas por cara estaremos a fomentar que isto non aconteza.
  • Simplifica ou resalta en grosa as partes importantes dos enunciados. En moitas ocasións fanse enunciados moi longos, ou con varias preguntas, nas cales os nenos con TDAH tenden a non as responder completamente ou a perderse no que preguntan. Se subliñamos en grosa aquelas palabras importantes estaremos a axudalo a entender e a centralizar a pregunta para que poida demostrar os seus coñecementos.
  • Aumenta o tempo nos exames. Unha das medidas máis importantes é ampliar nun 35% o tempo do exámen. Isto implica uns 15 minutos máis, que poden ser suficientes para que lle de tempo a rematar de encher a proba. Esta medida está aprobada para que se adopte dende hai un tempo nos exames de selectividade.
  • Non penalizar en exceso as faltas de ortografía, moi comúns nos nenos con TDAH sobre todo debido a omisións de letras (poñer "siepre" en vez de "sempre")
  • Redución das tarefas para casa. Como falamos, o sistema de estudo tradicional que teñen os nenos baseada na lectura repetida para estes nenos non é suficiente e deben dedicar máis tempo a reelaborar a información, facer unha lectura comprensiva, un bo subliñado para rematar cun esquema ou resumo que lle axude a xerarquizar a información e suplan os seus déficits (principalmente atencionais). Se lle mandamos unha gran carga de traballo, non lle estaremos a brindar ese tempo que necesitan, o que os penalizará.
  • Centrarnos máis nos esforzos que na nota obxectiva. Estes rapaces tenden a realizar moitos máis esforzos que o resto dos seus compañeiros para obter a mesma nota ou, mesmo, unha nota menor, polo que focalizar a nosa atención nos seus esforzos e nos seus logros nos axudará a objetivizar o traballo que realizan.
  • Realizar diferentes formatos de exame: oral, por escrito, tipo test, etc.
FONTE:  www.educatdah.com

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN