Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2015

UN BO PLAN PARA ESTUDAR

Imaxe
Fonte: Orien Tapas

CONSELLOS PARA ESTUDAR

Imaxe
Deben terse en conta os seguintes consellos: • O lugar de estudo será axeitado e cómodo. • Procura estudar sempre no mesmo lugar e ás mesmas horas. • O lugar de estudo debe estar illado de ruídos e distraccións (sen TV, radio, xente falando,...). • En xeral, estuda sen música ou cunha música suave de fondo. • É recomendable deixar fóra do cuarto o móbil (para evitar tentacións). Se tes ordenador, mellor nunha mesa á parte, para non entorpecer o estudo. • Deberías dispor dunha mesa ampla e dunha cadeira cómoda, coas costas rectas. • Ordena a mesa antes de empezar a traballar e deixa a mesa recollida ao rematar. • Debe contarse cunha luz axeitada (a mellor é a natural) e que ilumine desde o lado esquerdo.

FORMACIÓN PROFESIONAL

Imaxe
Descubre la FP

IES PEDRO FLORIANI (REDONDELA-PONTEVEDRA)

Imaxe
IES PEDRO FLORIANI (REDONDELA)

DINÁMICAS DE PRESENTACIÓN E OUTRAS ACTIVIDADES

22 juegos para conocerse Actividades de presentación para o primeiro día de clase  Primeiros días de clase:  guías, dinámicas e ideas 10 + 2 Dinámicas de presentación para o primeiros días de clase  

USO DE INTERNET E WHATSAPP

Imaxe
Totalmente desaconsellable facer uso de internet ou de whatsapp cando se está estudando, nas horas das comidas ou nos mementos de descansar. Non recomendable cando se está interactuando directamente con outras persoas.

HÁBITOS DE ESTUDO

Imaxe
O orientador Juan Antonio Planas Domingo publicou unha columna no Blog “ Educación Canal Educación ” con consellos para o inicio do curso e para adquirir bos hábitos de estudo.  Como pasa todos os anos, o curso é unha carreira de fondo, polo que canto máis cedo comeces a adestrar máis preparado estarás para a recta final dos exames. É bo que, desde o inicio se teña hábito de estudo . Se aínda non hai unha gran cantidade de contido para comezar a estudar, podes empezar por ler algunha lectura recomendada para cada idade. Ademais, en lugar de repasar soamente a materia xa vista na clase, tamén se pode ler o tema que se vai explicar ao día seguinte. Iso axuda a ser máis atento, entender mellor o que o profesor está explicando e preguntar o que non se entende.  Débese ter en conta desde o principio, non facer PROCRASTINACIÓN . É dicir, retrasar tarefas,deixar para despois o máis ingrato, incumprir compromisos. Este é un dos principais problemas dos adolescentes e mozos. O problema

CALENDARIO ESCOLAR 2015-2016

Imaxe

CICLOS E MÓDULOS CON PRAZAS DISPOÑIBLES E SIN LISTAXE DE ESPERA

Imaxe
Aberto o periodo extraordinario de presentación de solicitudes de setembro ata o día 11 ás 13:00 horas e aínda aberto o plazo de matriculación da 1ª adxudicación extraordinaria do proceso de admisión a ciclos formativos de FP. MAIS INFORMACIÓN

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2015/2016

Imaxe
Obxecto da convocatoria O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16. A finalidade das axudas é adquirir material escolar.      1. Axudas material escolar: requisitos a) Ser pai, nai, titor ou titora do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16. b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros . 2. Axudas material escolar: Lugar e prazo de presentación solicitudes Lugar de presentación As solicitudes

O PROFESOR

Imaxe

FP BÁSICA PARA O CURSO 2015/2016

Imaxe
CALENDARIO DE ACCESO E ADMISIÓN:   Presentación de solicitudes: Do 1 ao 10 de setembro ata as 13´00h. Entrega do consentimento dos pais de incorporación a FP Básica no centro de orixe (anexo IV):  antes do 9 de setembro.   Publicación da listaxe de admitidos: 11 de setembro Prazo de reclamación contra as listaxes ante a dirección do centro: 14 e 15 de setembro Matrícula: Entre o 11 e o 18 de setembro.   REQUISITOS: a) Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.  b) Ter cursado 3º de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o 2º curso.  c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica.  d) Cumprirá, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno ou da alumna, para cursar estas ensinanzas. DOCUMENTACIÓN: O alumno ou a alumna que fosen propostos/as para realizar un ciclo de forma