FP BÁSICA PARA O CURSO 2015/2016

CALENDARIO DE ACCESO E ADMISIÓN:
 

  • Presentación de solicitudes: Do 1 ao 10 de setembro ata as 13´00h.
  • Entrega do consentimento dos pais de incorporación a FP Básica no centro de orixe (anexo IV):  antes do 9 de setembro.  
  • Publicación da listaxe de admitidos: 11 de setembro
  • Prazo de reclamación contra as listaxes ante a dirección do centro: 14 e 15 de setembro
  • Matrícula: Entre o 11 e o 18 de setembro.

 
REQUISITOS:

a) Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo. 
b) Ter cursado 3º de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o 2º curso. 
c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica. 
d) Cumprirá, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno ou da alumna, para cursar estas ensinanzas.

DOCUMENTACIÓN:

O alumno ou a alumna que fosen propostos/as para realizar un ciclo de formación profesional básica deberán presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, segundo o modelo do anexo I, na secretaría do centro en que pretendan ser admitidos/as en primeira opción, e xuntaráselle a seguinte documentación: 

a) Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no Sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
b) Comunicación de incorporación á formación profesional básica (anexo IV)
c) Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade e se se dá algunha das seguintes situacións:
1º. Non autorizar a consulta dos datos relativos ao certificado de discapacidade en poder da Administración autonómica de Galicia.
2º. Se o órgano competente para emitir o certificado de discapacidade non pertence á Administración autonómica de Galicia. 

O modelo de solicitude axustarase ao establecido no anexo I desta orde. Estará dispo­ñible na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.es e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp .
A solicitude deberá ser asinada pola persoa solicitante. Se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio destes, será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás nos supostos de alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Nestes casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o que o centro educativo a cotexe. 


PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN:

Para realizar a proposta de incorporación dun alumno ou dunha alumna a un ciclo formativo de formación profesional básica seguirase o procedemento seguinte:

Reunión do equipo docente para decidir a proposta de alumnado susceptible de cursar unha FP Básica. Celebrarase na última sesión de avaliación e a proposta será asinada por todo o equipo docente e o orientador/a.

Elaboración por duplicado do Consello Orientador por parte do titor conforme ao anexo II, asinado polo titor/a, o orientador/a e o Director/a.

Comunicación por parte do Director/a aos pais da proposta, entregaralles un exemplar do consello orientador e o anexo III (Consentimento dos pais de incorporación do alumno).

 O documento de consentimento deberá vir debidamente cuberto e asinado por calquera dos/as titulares da patria potestade ou representantes legais antes do 9 de setembro.  No caso de separación ou divorcio destes, será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás nos supostos de alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Nestes casos, será necesario presentar, xunto co documento, a resolución xudicial correspondente para que o centro educativo a cotexe.

4º  No caso de que o pai, a nai ou os/as titores/as legais do alumno ou da alumna dean o consentimento para o/a incorporar a estas ensinanzas, a dirección do centro educativo entregaralles por duplicado o documento de comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o modelo do anexo IV. Un dos exemplares deberá ser entregado no centro onde o alumno ou a alumna soliciten a súa admisión.

Un exemplar do consello orientador e, de ser o caso, do documento de consentimento incluiranse no expediente académico.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS:

Nº de prazas por ciclo: 20

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, no caso de existir maior número delas que de postos escolares dispoñibles, asignaranse as prazas conforme os seguintes criterios de prioridade: 

a) Alumnado que cursase 2º de ESO. 
b) Alumnado que cursase 3º de ESO. 
c) Alumnado que cursase 4º de ESO. 

Dentro de cada grupo, ordenarase de menor a maior idade. 



MÁIS INFORMACIÓN:

 
 
 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)