BOLSAS DA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA PARA 4º ESO
A Fundación Amancio Ortega convoca 500 becas dirixidas a estudantes de 4º ESO de centros españoles, para estudar Primeiro Curso de Bacharelato nun High School en Canadá ou Estados Unidos o próximo curso escolar 2016-2017.
O programa ten como obxectivo facilitar a aprendizaxe do inglés e a
inmersión na cultura estranxeira a xoves de institutos e colexios
españoles. O alumnado seleccionado cursará o Grao 11 (nivel equivalente a
1º de Bacharelato).
As becas distribúense segundo se especifica de seguido:
- 80 becas dirixidas a estudantes de centros de Galicia
- 420 becas dirixidas a estudantes de fora de Galicia
A beca cubre o 100% do custe do curso escolar en Canadá ou EEUU:
viaxe, tasas de escolarización, convalidación de estudios, aloxamento e
manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, e
o apoio continuado durante os dez meses de estanza.
REQUISITOS:
- Estudar actualmente 4º ESO nun centro educativo en España e ter pasaporte español.
- Ter unha nota media igual ou superior a 7 puntos e unha nota en inglés igual ou superior a 8 en 3º ESO.
- Non ter estudado un ano académico no estranxeiro con anterioridade (1º, 2º ou 3º ESO).
PRAZO DE SOLICITUDE: Do 5 de outubro de 2015 ao 12 de novembro de 2015.
MÁIS INFORMACIÓN NA SEGUINTE LIGAZÓN: https://becas.faortega.org
Comentarios
Publicar un comentario