COMPENTENCIAS 2016

https://www.ceapa.es/sites/default/files/uploads/ficheros/publicacion/calendario_competencias_ceapa_2016.pdf

As competencias crave para a aprendizaxe permanente son unha iniciativa da comunidade europea cuxo fin é mellorar a calidade do ensino impartida nos centros educativos europeos, impulsando que a aprendizaxe na escola sexa máis práctico e funcional para a vida diaria para garantir que o alumnado aprenda coñecementos e destrezas que sexan aplicables na súa vida diaria e na súa vida laboral futura e ten dous obxectivos fundamentais. 
 Para promoverlas, CEAPA edita un calendario para as familias. O calendario trata de ser un xogo, a modo de guía para a familia, para ensaiar actividades que adestren os saberes dos nosos fillos e fillas, e aumenten as oportunidades de éxito da vida escolar e social. 
 De forma xeral, as actividades propostas son para realizar en familia. O grado de colaboración, autonomía e responsabilidade adecuado para realizar cada unha das actividades propostas estará determinado pola idade dos nosos fillos e fillas. 
 As oito competencias reflectidas son as propostas pola Unión Europea: 
  1.  Competencia en comunicación en lingua materna 
  2. Competencia en comunicación en linguas estranxeiras 
  3. Competencia matemática e competencia básica en ciencia e tecnoloxía 
  4. Competencia dixital 
  5. Competencias sociais e cívicas 
  6. Conciencia e expresión culturais 
  7. Competencia para aprender a aprender 
  8. Sentido da iniciativa e espírito de empresa

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)