ESCOLA DE PAIS/NAIS

Hoxe pola tarde tivo lugar no salón de actos do instituto a primeira xuntanza da ESCOLA DE PAIS/NAIS do curso 2015/2016, organizada polo Departamento de Orientación, na que se tratou o tema de PREVENCIÓN E CONSUMO DE DROGAS, tema traballado tamén co alumnado nas titorias na etapa da ESO ao longo do trimestre. 
 A charla correu a cargo de Patricia da Asociación REXURDIR
A ESCOLA DE PAIS/NAIS é un lugar de información, formación e reflexión dirixido a país/nais, sobre cuestión relacionadas coas función que temos como pais. É un recurso para apoiar as familias con fillos/as, e un lugar para poder compartir vivencias, analizar e reflexionar para buscar alternativas de solución a problemas comúns. 
Nunha segunda xuntanza tratarase o tema de NORMAS E LÍMITES; e xa no 3º trimestre teremos a última reunión deste curso que versará sobre HABILIDADES PARA SOLUCIONAR CONFLITOS.
.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)