Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2016

DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ 

DÍA DA PAZ - APERTAS DE BALDE

Imaxe

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO PARA MAIORES DE 20 ANOS

Imaxe
Resolución do 13 de xaneiro de 2016 , da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.  O prazo de presentación das solicitudes será entre o 18 de febreiro e o 3 de marzo de 2016.    A proba terá lugar o día 22 de abril de 2016 , en sesións de mañá e tarde, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.  Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos :  a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2016.  b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.  c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2015/16.  PROBAS E INFORMACIÓN

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TITULO DE GRADUADO NA ESO

Imaxe
Resolución do 13 de xaneiro de 2016 , da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.  Os prazos de matrícula serán:   – Convocatoria de maio: 7 de marzo ao 18 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos.  – Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos. As probas realizaranse en sesións de mañá e tarde os días 27 de maio e 8 de setembro para as respectivas convocatorias  CONTENIDOS ESO en Galego o Castelá, para axudar a estudar. MODELOS DE EXAMEN   por Comunidades Autónomas

EDUCACIÓN EN DEREITOS

Imaxe
O pasado 19 de novembro de 2015, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria asinou un convenio con UNICEF Comité Galicia para a promoción e difusión dos dereitos da infancia e a cidadanía global. No desenvolvemento deste convenio encádrase a difusión do programa Educación en dereitos. Educación en dereitos é un programa educativo de UNICEF para impulsar nos centros escolares de infantil, primaria e secundaria unha educación baseada nos dereitos da infancia que promove o cumprimento dos dereitos de todos os nenos, nenas e adolescentes, como establece a Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno, promovendo entre a infancia e a xuventude actitudes e valores tales como a solidariedade, a paz, a tolerancia, a xustiza social ou a concienciación respecto a temas ambientais e proporcionándolles coñecementos e aptitudes que permitan facelo de xeito responsable e comprometido Educación en dereitos conta con materiais educativos (guía metodolóxica e fichas de a

CHARLA PAU-GRAOS UNIVERSIDADE DE VIGO PARA 2º BACHARELATO

Imaxe
Hoxe, o alumnado de 2º de bacharelato, tivo unha charla sobre o  selectivo e os diferentes graos da Universidade de Vigo. Charla organizada polo departamento de orientación e coa colaboración do SIOPE de Vigo. Ricardo contounos un pouco en que consiste o selectivo, as diferentes probas, as datas, o procedemento de reclamacións, como facer a matrícula, os diferentes graos da universidade de Vigo, becas,  ... Desexo que a charla  fose do agrado do alumnado, e que lle quitedes proveito. Universidade de Vigo CIUG  

DSM-5

alberto flores

SABES NEGOCIAR CO TEU FILLO ADOLESCENTE?

Imaxe
Negociar si, chantaje non. Artigo escrito por Emilio Pinto onde nos advirte que non todas as normas pódense defender da mesma xeito, nin é bo que todas estean ao mesmo nivel. Negociar si, e non negociar tamén. Por que é importante negociar e como se negocia cos fillos.  Pautas moi claras, con exemplos prácticos, de cal debería ser o proceso para negociar correctamente. E si o teu fillo non cumpre co seu parte da negociación? É posible que chegues a acordos satisfactorios para as dúas partes pero que o teu fillo non cumpra co seu compromiso. Entón? que vas facer? Sabes negociar co teu fillo adolescente?

UNHA REALIDADE?

Imaxe

EDUCACIÓN: NEUROCIENCIA, POR OTRA ESCUELA

Imaxe

PLAN DIRECTOR - NOVAS TECNOLOXÍAS

Imaxe
PLAN DIRECTOR  CHARLAS INFORMATIVAS PARA FP (FPB, 1º E 2º CICLOS MEDIOS)   NOVAS TECNOLOXÍAS  - Riscos de seguiridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais, especialmente o acoso sexual “child grooming” ou difusión de contidos por teléfonos móbiles, ...  DÍA 15 DE XANEIRO DE 2016   HORA: 10:30 h.  SALÓN DE ACTOS 

CÓMO DAR CLASES A LOS QUE NO QUIEREN - J. VAELLO

ADOLESCENTES

Imaxe

A DISLEXIA

CHARLA SOBRE A LEI DO MENOR

Imaxe
Hoxe pola mañá, e trala solicitude feita polo Departamento de Orientación, Rafael, a persoa encargada de dar a charla da asociación ARELA de Pontevedra, desprazouse ao noso instituto para informar ao alumnado de 3º ESO dos aspectos relevantes da Lei do Menor. O obxectivo de dita charla era a de previr condutas que os leven a cometer infracións, facendo especial fincapé nos riscos que implican as redes sociais. Esta actividade está recollida dentro do programa "Katorce-18" que a asociación ARELA desenvolve en distintos centros educativos. Este programa quere achegar a Lei do Menor, reguladora da responsabilidade penal das persoas menores de idade, a institutos e colexios de Galicia para informar, previr e facelos conscientes das consecuencias dos seus actos. 

COMO ESTÁ O VASO?

Imaxe
Pica na foto e saberás a resposta

CARREIRAS UNIVERSITARIAS

Imaxe
O diario HOY do 5 de xaneiro de 2016 publica un artigo onde se recollen as carreiras da Universidade de Estremadura con máis saídas laborais. As carreiras con mellores saídas laborais con Medicina e Informática.  Esta información é parte dun estudo realizado polo INE.   - As carreiras da UEX con máis saidas laborais. - Estudo realizado polo INE. Fonte: departamento de orientación IES Bartolomé J. 

APRENDE A LO LARGO DE LA VIDA

Imaxe
Todas as persoas deben ter a posibilidade de formarse ao longo da vida, dentro e fóra do sistema educativo, co fin de adquirir, actualizar, completar e ampliar as súas capacidades, coñecementos, habilidades, aptitudes e competencias para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Coñecer as diferentes opcións formativas e os itinerarios existentes resulta clave para que poidan organizar e orientar a experiencia de aprendizaxe rendibilizando tempo e esforzos. Este portal de información e orientación ten a finalidade de axudar aos cidadáns para coñecer a opción e modalidade formativa que mellor se axusta á súa realidade persoal, familiar e profesional. Ademais, incorpora unha recopilación de materiais e recursos para o apoio ao seu proceso de aprendizaxe que tamén poden ser empregados por familias, profesionais e calquera persoa relacionada coa formación e a educación. APRENDE A LO LARGO DE LA VIDA  

PROCESO DE ACREDITACION DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL

Imaxe
  A Consellería de Cultura, Educación e ordenación universitaria publicou a orde do 23 de decembro de 2015 , pola que se convoca o proceso de acredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, en Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profe­sionais. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 11   de xaneiro ao 5 de febreiro de 2016. A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación infor­mática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion  (activa a partir do 11 de xaneiro) A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede)

XESTIÓN DA AULA

Imaxe
  ESTRATEGIAS PARA MEJORAR LA GESTIÓN DEL AULA    ESQUEMA DEL LIBRO "CÓMO DAR CLASE A LOS QUE NO QUIEREN"

PAU 2016

Imaxe
A LOMCE , a polémica lei educativa que tantos debates xerou, termina o seu implantación no ano 2017. E faino coa avaliación final de bacharelato, máis coñecida como reválida, que nas súas dúas primeiras convocatorias terase en conta para o acceso á universidade , pero non será requisito para obter o título de bachiller. Coa chegada desta proba ponse fin á selectividad, un modelo de acceso que con distintos cambios cumpre xa tres décadas.  A Comisión Interuniversitaria de Galicia, o órgano que coordina a entrada ás universidades galegas, fixou xa a data deste último selectivo o 2016 , que en xuño se realizará do 8 ao 10; mentres que na convocatoria de setembro celébrase entre os días 14 e 16. Sempre son tres xornadas e sempre entre mércores e venres, un calendario que non seguen todas as comunidades autónomas, xa que tradicionalmente noutras iníciase en diferentes días da semana. O fin da selectividad e o inicio da reválida de bacharelato está regulado por lei, pero aínda a