EDUCACIÓN EN DEREITOS

O pasado 19 de novembro de 2015, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria asinou un convenio con UNICEF Comité Galicia para a promoción e difusión dos dereitos da infancia e a cidadanía global. No desenvolvemento deste convenio encádrase a difusión do programa Educación en dereitos. Educación en dereitos é un programa educativo de UNICEF para impulsar nos centros escolares de infantil, primaria e secundaria unha educación baseada nos dereitos da infancia que promove o cumprimento dos dereitos de todos os nenos, nenas e adolescentes, como establece a Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno, promovendo entre a infancia e a xuventude actitudes e valores tales como a solidariedade, a paz, a tolerancia, a xustiza social ou a concienciación respecto a temas ambientais e proporcionándolles coñecementos e aptitudes que permitan facelo de xeito responsable e comprometido Educación en dereitos conta con materiais educativos (guía metodolóxica e fichas de avaliación) que se poden descargar gratuitamente desde a web e recursos on line para a comunidade educativa.

http://www.enredate.org/educacion_en_dereitos

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)