jueves, 28 de enero de 2016

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO PARA MAIORES DE 20 ANOS

Resolución do 13 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización. 
O prazo de presentación das solicitudes será entre o 18 de febreiro e o 3 de marzo de 2016. 
 A proba terá lugar o día 22 de abril de 2016, en sesións de mañá e tarde, no IES San Clemente de Santiago de Compostela. 


Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2016. 
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos. 
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2015/16. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario