PROCESO DE ACREDITACION DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL


 A Consellería de Cultura, Educación e ordenación universitaria publicou a orde do 23 de decembro de 2015, pola que se convoca o proceso de acredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, en Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profe­sionais.
  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 11 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2016.
  • A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación infor­mática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion (activa a partir do 11 de xaneiro)
  • A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.
DOG:orde da convocatoria

 MÁIS INFORMACIÓN:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN