"YO A ESO NO JUEGO"





YO A ESO NO JUEGO, é un informe sobre bullying e ciberbullyng na infancia realizado polo Departamento de Psicoloxía da Universidade de Córdoba, por encargo de Save the Children. 

Publicado neste mes de febreiro, analiza datos recollidos en 21.487 entrevistas a estudantes entre 12 e 16 anos. Os autores sinalan que o primeiro que aprendimos é que "o acoso é violencia, non son rapazadas". 
Segundo Save the Chlidren, a través dos datos que se recollen no informe son quen de detectar cales son os colectivos máis vulnerables: as rapazas e os máis xoves. As rapazas vense expostas a máis situacións tanto de acoso como de ciberacoso; sinalan tamén que atoparon máis casos de acoso entre os estudiantes de 1º ciclo da ESO que de 2º ciclo. A metade dos estudantes recoñece ter insultado ou dito palabras ofensivas de alguén e un de cada tres afirma ter agredido fisicamente a outro rapaz. Os agresores polo xeral non saben cal é a razón pola que acosan, pero teñen algo en común cos acosados, a súa baixa autoestima. É a outra cara do bullying, pero hai que recordar que tanto víctima como agresor son rapaces e a súa protección debe ser a prioridade. 
 Interesante estudio que nos ofrece unha panorámica actualizada do acoso e o ciberacoso en España, na etapa da Educación Secundaria Obrigatoria, con datos por comunidades autónomas. 


  • Anexo 1: Resumen de los principales resultados de tres investigaciones sobre acoso y ciberacoso
  • Anexo 2: Tabla de resultados
  • Anexo 3: Apuntes metodológicos de la investigación
  • Anexo 4: Modelo de protocolo de actuación ante acoso y ciberacoso
  • Anexo 5: Tabla respuesta normativas autonómicas
  • Cuestionario

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)