ESTUDIOS DE MÚSICA


http://www.csmcoruna.com/

GRADO ELEMENTAL organízase e 4 cursos, coas seguintes materias:
  • Instrumento
  • Linguaxe musical
  • Educación auditiva e vocal
Para acceder ao grado elemental, a idade mínima será de 8 anos e a máxima de 14, debendo superar unha proba específica. Ao finalizar este grado obtense un Certificado de Estudos Elementais.

GRADO PROFESIONAL organízase por especialidades, en 6 cursos, coas seguintes materias:
  • Materias comúns ás especialidades instrumentales
  • Materias propias das especialidades instrumentales
  • Materias comúns á especialidade de canto
  • Materias optativas

No 6º curso establécense itinerarios formativos:  Interpretación, Composición, Pedagogía, Musicología.

Para acceder ao 1º curso do grado profesional haberá que superar unha proba específica.Tamén se poderá acceder a calquera outro curso do grado profesional, sen haber cursado os anteriores, a través de probas nas que se demostre posuír os coñecementos necesarios para cursarlo con aprovechamiento.

Ao superar os ensinos profesionais de música obterase o título profesional de música, onde constará a especialidade cursada. Tamén, si supérase as materias comúns do bachillerato, obterase o título de bachiller.

Tanto o grado elemental como o profesional pódense cursar no Conservatorio profesional de música e tamén nos CEMUs (Centros autorizados de música).

ESTUDOS SUPERIORES DE MÚSICA
Organízanse en diferentes especialidades e consisten nun ciclo de duración variable.
Na Coruña pódense cursar no Conservatorio Superior de Música.
Para acceder aos estudos superiores será preciso:
  • Estar en posesión do título de Bachiller ou superar a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • As persoas que non cumpran os requisitos anteriores poderán presentarse á Proba de Acceso aos Ensinos Artísticos Superiores para maiores de 19 anos.
  • En ambos casos será necesario superar unha proba específica de acceso. A posesión do título profesional será tida en conta na cualificación final da proba.
Ao terminar os estudos superiores de música obterase o título Superior de Música seguido da especialidade correspondente.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)