BANDEIRA DE REDONDELA

O Concello de Redondela dispoñerá dunha bandeira oficial como ensina do municipio, tras ser aprobada onte por unanimidad no pleno da corporación. 
O distintivo de Redondela, que conta co aval da Comisión de Heráldica da Xunta, está formado por un fondo de cor granate coa "erre" mayúscula no centro en cor amarela -simbolizando o ouro-, acompañada de tres conchas de vieira do mesma cor, dúas situadas na parte superior e outra na inferior. 
A proposta do goberno local parte dun informe histórico e heráldico encargado fai dous anos ao Seminario de Estudos Redondelán (Seren) en relación ao escudo e a bandeira. O cambio do escudo foi aprobado en 2014 para poder rexistralo como símbolo oficial ante a Comisión de Heráldica da Xunta, xa que o anterior incumplía a normativa posto que tiña as tres conchas de ouro sobre un fondo branco -que representa un campo de prata-, e as regras heráldicas non permiten ir xuntos dous metais. Isto resolveuse cambiando a cor branca por un fondo azul, gardando así concordancia co escudo de Galicia.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)