CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS 2016 Á POLICIA NACIONAL, NA ESCALA BÁSICA




PRAZAS CONVOCADAS:
Convócanse 2615 prazas, das cales 522 son para militares profesionais de tropa e marinería e as 2093 restantes son para ingreso libre.

FASES DO PROCEDEMENTO SELECTIVO:
A) Oposición: Probas de carácter eliminatorio.
- 1ª Proba: Aptitude física
- 2ª Proba de coñecementos e ortografía
- 3ª Proba: Recoñecemento médico, entrevista persoal e proba de coñecementos.
- Exercicio voluntario de idioma
B) Curso de Formación.
C) Módulo de formación práctica.

REQUISITOS DOS ASPIRANTES:
a) Ter a nacionalidade española.
b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación.
c) Non ser condenado por delito doloso, nin separado do servizo do Estado, da Administración Autonómica, Local ou Institucional, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.
d) Non estar incluído en ningunha das causas de exclusión física ou psíquica que impidan ou menoscaben a capacidade funcional ou operativa necesaria para o desempeño das tarefas propias da Policía Naciona.
e) Compromiso de portar armas e, no seu caso, chegar a utilizalas, que se prestará a través de declaración do solicitante.
f) Ter unha estatura mínima de 1,65 metros os homes e 1,60 as mulleres.
g) Estar en posesión do permiso de condución da clase B.
h) Estar en posesión do título de Bachiller ou equivalente (Por exemplo Ciclo de grado medio de FP - Enlace ao BOE para ver equivalencias con Bachiller e enlace ao BOE con modificacións).

PRAZO DE INSCRIPCIÓN: 20 días naturais a contar desde o 22 de abril de 2016.

PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN: http://www.policia.es, elixindo en «procesos selectivos» a opción «instancias» «Escala Básica» e seguindo as instrucións que se lle indiquen. Ver convocatoria BOE todas as instrucións.

TAXA POR DEREITOS DE EXAME: 14´97 euros.

ENLACES:




Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)