AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

Prazos de presentación de solicitudes: 
  1. Dende o 18 ao 23 de xuño de 2016. 
  2. O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2017. 
  3. O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2016/17, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.
Requisitos:
  • Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado nos cursos obxecto desta convocatoria en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, nun centro sostido con fondos públicos de Galicia, durante o curso 2016/17.
  • Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.
  • Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 250 euros con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
  • Ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquirido coas axudas do curso 2015/16. O prazo máximo para esta devolución será o 23 de xuño 2016 (alumnado de educación secundaria obrigatoria que teña algunha materia pendente ata o 7 de setembro de 2016).
As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna.
DOTACIÓN:
Concederanse as axudas segundo a renda per cápita familiar no ano 2014 (máximo 250 euros). 

Publicación: DOG 16-05-2016

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)