O CUBO DE RUBIK CON ROI

O cubo de Rubik (ou tamén chamado o cubo máxico) é un puzzle mecánico inventado polo escultor e profesor de arquitectura Ernő Rubik no ano 1974. Orixinalmente foi chamado "o cubo máxico" polo seu inventor, pero o nome foi trocado máis adiante por Ideal Toys en 1980 a "cubo de Rubik". Neste mesmo ano, gañou o premio alemán de "Xogo do Ano" . 

Estímase que se teñen vendido máis de 350 millóns de cubos de Rubik ao longo do mundo enteiro, facéndoo o puzzle mellor vendido do mundo. O seu mecanismo sinxelo sorprende tanto desde o punto de vista mecánico, ao estudar o seu interior, como pola complexidade das combinacións que se conseguen ao xirar as súas caras. 

Moitas veces miramos na televisión a alguén facendo o cubo de Rubik e quedamos alucinados coa rapidez e facilidade coa que o resolve. Pois non moi lonxe, na nosa clase ou na clase do lado, no noso instituto temos a Roi, un alumno, que é quen de facer este cubo en menos de 39 segundos, ou menos. Onte me quedei sen palabras cando o mirei no recreo pasando o tempo co estes aparellos; que rapidez, axilidade mental e manual, concentración, ... para min foi ALUCINANTE. 

Tedes aquí unha mostra 
https://drive.google.com/file/d/0B0VicdjQERCoYm5WR0lGaDlqSU0/view


Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)