Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2017

LEMOS OU ESCANEAMOS?

Imaxe
Sgeun un etsduio de una uivenrsdiad ignlsea, no ipmotra el odren en el que las ltears etsan ersciats, la uicna csoa ipormtnate es que la pmrirea y la utlima ltera esten ecsritas en la psiocion cocrrtea. El rsteo peuden estar ttaolmntee mal y aun pordas lerelo sin pobrleams. Etso es pquore no lemeos cada ltera por si msima snio la paalbra cmoo un tdoo.  IrnecbilE, VrdeaD?

CHARLA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA: USC

Imaxe
O mércores 20 de decembro tivemos o pracer de recibir no IES ao profesor da Facultade de Matemáticas D. Celso Rodríguez Fernández , que foi decano desa facultade e vicerretor de estudantes da Universidade de Santiago de Compostela. Esta charla enmárcase dentro das actividades do Programa de Orientación Académica e Profesional organizadas polo Departamento de Orientación para este curso. Foi unha sesión moi interesante e amena, onde o alumnado de 1º e 2º de bacharelato coñeceu os graos universitarios que se imparten na USC, nos campus de Santiago e Lugo, a oferta tan ampla desta universidade en canto a actividades complementarias, deportivas e de ocio, idiomas, residencias e bolsas. Ao final da sesión falamos brevemente do acceso á universidade e das novas notas de corte das distintas facultades. Grazas ao relator pola súa entretida exposición e ás titoras de 2º de bacharelato e ao profesorado desa sesión pola súa colaboración.

EQUIPO DE MEDIACIÓN: ENCONTRO CO IES A GUÍA

Imaxe
O pasado luns, 18 de decembro pola tarde, tivemos no Floriani a visita dun grupo de alumnado axudante do IES A Guía de Vigo, acompañados polo seu orientador, Fran, e a profesora de francés. A sesión pretendía o achegamento deste alumnado  ás funcións desenvolvidas polo noso equipo de mediación no que levamos de curso. Mostrámoslles o que fixemos en canto a formación, a través dunha breve presentación, e os nosos mediadores e mediadoras contaron de primeira man as experiencias levadas a cabo e como foron resultando. Temos que agradecer o b o facer do noso alumnado , que tan ben reflexou o traballo do equipo e, como non, a visita destes rapaces e rapazas que se están formando no proceso mediador xunto co seu orientador. Esperamos seguir colaborando, agora tocanos a nos visitar A Guía! Aquí tedes un resumo fotográfico da xornada.

ESCOLA DE NAIS E PAIS: AS NOVAS TECNOLOXÍAS E OS SEUS RISCOS

Imaxe
Onte, martes 12 de decembro, tivemos a primeira sesión da Escola de nais e pais deste curso no IES.  Dende as 18:00 horas asistimos á charla impartida pola Subinspectora da Policía Nacional , Mercedes Dabán, acerca das novas tecnoloxías . Canto aprendimos! Como ela contaba, e lle pasara nunha charla cunha alumna, pensamos que xa o sabemos todo pero que va... Sexting, Phising, Grooming, Cyberbullying e unha serie de "ings" e outros termos case impronunciables, que non son máis que termos que definen diversos delitos que se cometen a través da rede Internet , sobre todo, a través de chats e redes sociais.  A gravidade destes delitos é maior cando falamos de menores. Menores infractores e menores vítimas, onde son as familias as responsables finais de posibles multas e as responsables principais dun mal uso, sen control parental, destas redes por parte dos fillos e fillas.  Que complexo é afastarse desta voráxine das novas tecnoloxías na actualidade. Sobre ist

EXCESO DE FALTAS DE ORTOGRAFÍA. POR QUE?

Imaxe
E para dar resposta a esta pregunta atopamos un interesante artigo onde se revisan os principais motivos desas faltas, as posibles influenzas das novas tecnoloxías (ou non) e como, en moitos casos, o desinterese, a falta de atención e de importancia que se lle otorga ás normas ortográficas é o motivo principal que obtemos para darlles explicación. Debemos sancionar/suspender ao alumnado que comete faltas excesivas de ortografía? Pois dende logo, debemos telo en conta e valorar cada situación, non deixemos de restarlle importancia a un problema ao que nos estamos acostumando e que avanza ás veces sen solución. Podedes ler o artigo da publicación dixital "Padres y colegios" premendo aquí .

ESCOLA DE NAIS E PAIS: CHARLA DECEMBRO

Imaxe
O próximo martes 12 de decembro ás 18:00 horas da tarde, teremos no IES Pedro Floriani unha charla dirixida ás familias do alumnado da ESO e FP básica acerca das Novas Tecnoloxías e os seus posibles riscos, impartida por membros da Policía Nacional. Esta charla enmárcase dentro da Escola de nais e pais que se organiza este curso no centro, no marco do Plan de mellora da convivencia (Contratos-Programa). Esperamos contar coa vosa asistencia e que os contidos sexan do voso interese!

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Imaxe
O 3 de decembro conmemórase o Día internacional das persoas con discapacidade . Este ano, en Galicia, diversas asociacións promoveron o lema # baixoomesmoparaugas , e as rúas das cidades enchéronse de xente con paraugas de cores. Dende o sistema educativo debemos ter en conta a diversidade de capacidades e apostar pola inclusión do alumnado. As leis educativas apostan pola equidade e a inclusión, pero todavía queda moito camiño por andar e se precisan máis recursos para poder levala a cabo de xeito efectivo. No IES Pedro Floriani , esta pasada semana, contamos coa sorte da visita do equipo de baloncesto en cadeira de rodas, AMFIV, que xunto co alumnado de ESO e Bacharelato pasou a xornada xogando a este deporte no pavillón do centro. Podedes ver máis sobre esta visita neste enlace á páxina de Facebook do IES.