Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2018

UNITOUR' 18

Imaxe
Este martes 18 estivemos na feira de universidades Unitour 18, no Auditorio "Mar de Vigo", co alumnado de 2° BAC. Alí puidemos ter información directa das 3 universidades galegas, Vigo, Santiago e A Coruña, e doutras estatais, tanto públicas como privadas.  Había tamén postos de residencias universitarias e viñemos cargados con un montón de folletos informativos, chapas, bolis... Para rematar a xornada, participamos nalgunha entrevista para televisión coas nosas opinións acerca de estudos futuros e sobre a importancia das actividades de orientación. Esta é unha das actividades organizadas polo departamento de orientación sobre orientación académica e profesional para bacharelato.

BASTA XA!

Imaxe
Descansa en paz Laura💜. Non á violencia de xénero. Non á violencia machista. Basta xa! ✊ Ilustración: Laura Luelmo.

CHARLA FAMILIAS-Érguete

Imaxe
Nova charla da Asociación Érguete para as familias de Redondela-Chapela cunha temática moi interesante: Adolescencia, entendémola?

NAVEGA CON RUMBO

Imaxe
Esta tarde tivemos a charla sobre as Novas tecnoloxías e o seu bo uso da man do Enxeñeiro Informático Antonio De Andrés, do programa Navega con Rumbo. Estivo dirixida ao alumnado de 2° ESO. Dunha forma moi amena o relator explicou como deberíamos empregar a rede Internet de xeito seguro. As virtudes das novas tecnoloxías, ben empregadas, son moitas pero tamén os problemas que pode causar un mal uso destas. Falamos de redes sociais, ciberacoso e seguridade na rede. Grazas Antonio por esa información tan interesante e tan ben contada ao noso alumnado!  

3 D-DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Imaxe
Baixo o mesmo paraugas é o lema que nos últimos anos empregan distintas asociacións para conmemorar este día internacional da discapacidade, o 3 de decembro. Os paraugas de cores vestirán as cidades galegas este luns para dar visibilidade ás necesidades de moitas persoas diversas funcionalmente. A inclusión destas persoas nos centros educativos ten que ser unha realidade, xa que non somos máis que un reflexo da realidade social na que vivimos.

GALICIA SKILLS '18

Imaxe
Onte acudimos ao recinto feiral de Silleda, onde a Consellería de educación organizou este ano o Campionato galego de FP Galicia Skills. O alumnado dos segundos cursos de Fp básica, ciclos medios e ciclo superior do IES, así como de 4°ESO (ensinanzas aplicadas), puideron recoller información xeral sobre a formación profesional, ver algunhas das competicións que había e participar dalgún dos obradoiros que se desenvolveron (peiteado e estética, robótica ou artes gráficas). Sempre é unha boa experiencia para o alumnado saír e atoparse con alumnado doutros centros, coñecer de primeira man os proxectos de distintas FPs así como os resultados destes. Grazas a Nuria Patiño, Nuria Pedrosa e Iván Seijas, docentes de FP, polas boas propostas e a súa preocupación, sempre, polos intereses do alumnado.

VISITA DO CLUBE AMFIV-VIGO

Imaxe
Onte tivemos o pracer de recibir a visita do Clube de baloncesto da AMFIV .  No pabillón do Floriani, o alumnado de 4° ESO acudiu á charla do adestrador do equipo e a ver como xogan estes xogadores e xogadoras en cadeira de rodas. Ademais, puideron ter a experiencia directa xogando eles e elas sobre as cadeiras. Grazas a Uxía, de Educación física, pola organización e a este equipazo pola súa xenerosidade e fortaleza!

ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIA MACHISTA

Imaxe

O FLORIANI CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
O IES expón dende esta semana unha serie de carteis, folletos e bibliografía diversa con materiais do fondo do centro e outro achegado dende a Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade. Moitas grazas por todo ese material! Ademais, hoxe acudimos co alumnado de 2°ESO A ao acto organizado polo Concello no cal participamos xunto con outros centros educativos e mulleres da contorna. Deixamosvos aquí a nosa contribución na lectura do manifesto deste 25N elaborado polos centros participantes. Le Lucía de 2°ESO A.

NON (VIOLENCIA DE XÉNERO)

Imaxe
Semana contra a violencia de xénero no Floriani. NON . Fotocall realizado na biblioteca coa participación de alumnado de 3° ESO e 1° BACH.

20N. DIA DO NENO (E DA NENA)

Imaxe
Chegará ese día?...

GRAZAS KATY

Imaxe
Grazas pola túa valentía e xenerosidade.  Marta Caterina é alumna do Ciclo Medio de Xestión administrativa do IES Pedro Floriani.

OBRADOIROS ÉRGUETE

Imaxe
Esta semana comezamos coas sesións dos obradoiros da Asociación Érguete no IES.  Nas horas de titoría dos grupos de 1° e 2° ESO, "Non pasa nada, pasa algo?", e dos grupos de 1° de FP básica de electricidade e administración, "Odisea". María Novelle, pedagoga e educadora de Érguete, é a encargada de impartilos. As charlas de prevención forman parte das actividades da acción titorial programadas dende o Departamento de Orientación do centro para as titorías. Grazas a María e ás persoas que traballan na Asociación polo voso labor tan profesional!

FORMACIÓN MEDIACIÓN-ÚLTIMA SESIÓN

Imaxe
Onte tivemos a última sesión do curso de formación de mediadoras/es deste ano. Que rápido se pasou! Tras 4 sesións connosco, Bibiana, de Alicce, acudiu ao IES para facer novas dinámicas grupais e ensinarnos os papeis das persoas mediadoras con simulacros de conflitos a mediar. Temos que agradecer o bo facer de Bibiana e a súa implicación. O alumnado quedou moi contento cos seus diplomas e quixemos agasallala cunha chapa do equipo. Agora comeza unha nova fase de práctica e aprendizaxe xunto cos mediadores/as máis experimentados.  Contamos así cun equipo de 20 mediadores no Floriani, do que estamos moi orgullosas!