Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2018

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

Imaxe
Dende onte, e ata o próximo venres 23 de marzo, está aberto o prazo de solicitudes para participar nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Podedes consultar toda a información na paxina web de FP da Consellería de educación.

CLASES SEN FUME

Imaxe
O alumnado de 1º ESO participa este curso no programa Clases sen fume da Consellería de Sanidade . Este programa pretende concienciar sobre o dano para a saúde do consumo de tabaco e previr o inicio neste. A participación do alumnado consiste na elaboración de dúas actividades que irán a concurso: nunha primeira fase a elaboración dun "slogan" , que podedes ver a continuación, e unha segunda fase, de presentación dunha actividade dixital elaborada polos grupos. A profesora da materia " Promoción de estilos de vida saudable ", Cristina, coordina estas actividades xunto coa orientadora e a colaboración das titoras. Slogan elaborado por 1º ESO A Slogan elaborado por 1º ESO B Dentro do programa ademais, puidemos contar coa charla da doctora da Consellería de Sanidade, Victoria, que foi moi clara e instrutiva.  Grazas por contarnos cousas tan interesantes e responder ás nosas dúbidas!

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Imaxe

CHARLA SOBRE ESTABLECEMENTO DE NORMAS E LÍMITES

Imaxe
A sesión da Escola de nais e pais deste segundo trimestre a trasladamos a esta charla organizada xunto co Concello de Redondela e a Asociacion Érguete, nunha colaboración cos centros educativos da contorna. Será o vindeiro xoves 15 de marzo, ás 20h no Multiusos da Xunqueira. Esperamos que sexa do voso interese e poidades acudir.

TRABALLANDO POLA IGUALDADE...

Imaxe
No departamento... No centro... Na cafetería... E na rúa

CHARLA-OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS

Imaxe
Esta mañá tivemos no Floriani unha charla impartida pola docente da Cruz Vermella de Pontevedra sobre técnicas básicas de primeiros auxilios. Estivo dirixida ao alumnado do módulo de FOL das dúas familias de FP do IES así como ao alumnado de 4°ESO de ensinanzas aplicadas, da materia Iniciación á actividade empresarial, xa que ambos teñen contidos de Prevención de riscos laborais e os profes Marisa e Iván tiñan moito interese nesta formación complementaria. Agradecer ao persoal da Cruz Vermella Pontevedra a súa dispoñibilidade e bo facer. Esperamos poder repetir esta interesante actividade con máis grupos.

IES PEDRO FLORIANI: FORMACIÓN INTEGRAL DE CALIDADE

Imaxe
Cartel elaborado polo equipo directivo coa oferta educativa do noso centro.

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Imaxe
No Floriani programáronse unha serie de actividades arredor do 8 de marzo , xoves da próxima semana, no que se conmemora o Día Internacional da muller. Iremos mostrándovos en imaxes como se van desenvolvendo as mesmas. Polo de agora, deixámosvos a programación.