Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2018

SEDE PROBA ACCESO A CICLO MEDIO

Imaxe
As persoas que formalizaron a súa inscripción nas probas de acceso a ciclos de grao medio no IES Pedro Floriani deberán presentarse para a realización da proba o xoves 31 de maio ás 9:00h no CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo (zona Meixoeiro). Moita sorte a todos e todas!

GRAZAS FAMILIAS!

Imaxe
Moitas grazas aos pais e nais que vos achegastes este luns pola tarde ao Floriani para participar na Charla de orientación académica. Foi un pracer atender ás vosas dúbidas e inquedanzas. Grazas ao equipo directivo polo voso apoio!

GRAOS UNIVERSITARIOS ACTUALIZADOS

Imaxe
A CIUG ven de publicar a lista de prazas ofertadas nos distintos graos universitarios das Universidades galegas para a admisión no curso 2018/2019. Nesta relación podemos ver a inclusión dos novos graos anunciados hai uns meses: Enxeñería Biomédica en Vigo, Criminoloxía, Biotecnoloxía e Paisaxe na USC e Xestión de moda na UDC, todos con 50 prazas. Unha ampliación que terá de seguro moi boa acollida no noso alumnado. Podedes consultar todas as novidades premendo aquí . Moito ánimo a todos e todas os que tedes a ABAU á volta da esquina!

ORIENTACIÓN ACADÉMICA ÁS FAMILIAS

Imaxe
Aínda que pareza incrible xa estamos cerca de mediados de maio... Notanse o cansanzo e certo estrés no alumnado... Que ve como se achega o fin do curso e que ten que tomar decisións de cara ao vindeiro ... Dentro das actividades de orientación académica e profesional os alumnos e alumnas están tendo charlas informativas da orientadora nos distintos grupos.  Co fin de completar esa información e ampliala ás familias, organizamos no IES unha charla de orientación a pais e nais o próximo luns, 14 de maio, ás 19 horas. Dirixida a familias do alumnado de 2°, 3° e 4° ESO por ser de grande importancia a colaboración na toma de decisións no momento no que se atopan. Esperámosvos!

CLASES SEN FUME. ALGO SE ESTÁ A COCER...

Imaxe
O alumnado de 1°ESO do Floriani ten claro que facer para manter os seus hábitos saudables... Proximamente....

CHARLA ADICCIÓN ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS

Imaxe
Pois o bo tempo e a actualidade acompañáronnos o xoves pasado na charla impartida por María Novelle, pedagoga da Asociación Érguete-Vigo.  Na biblioteca do centro acomodámonos para coñecer dun xeito ameno e directo cómo podemos detectar que algo non vai ben na interacción dos nosos fillos e fillas coas novas tecnoloxías. Vimos indicadores e fases que se dan nunha adicción, algúns consellos sinxelos que podemos aplicar e levamos un modelo de contrato para o bo uso destas no fogar. Todo isto sen esquecer as ventaxas que nos aportan e as cales nos iremos adaptando seguramente co ritmo desta sociedade. Grazas a todos e todas as asistentes e a María pola súa amable exposición!