CHARLA ADICCIÓN ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS

Pois o bo tempo e a actualidade acompañáronnos o xoves pasado na charla impartida por María Novelle, pedagoga da Asociación Érguete-Vigo. 



Na biblioteca do centro acomodámonos para coñecer dun xeito ameno e directo cómo podemos detectar que algo non vai ben na interacción dos nosos fillos e fillas coas novas tecnoloxías. Vimos indicadores e fases que se dan nunha adicción, algúns consellos sinxelos que podemos aplicar e levamos un modelo de contrato para o bo uso destas no fogar.



Todo isto sen esquecer as ventaxas que nos aportan e as cales nos iremos adaptando seguramente co ritmo desta sociedade.

Grazas a todos e todas as asistentes e a María pola súa amable exposición!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)