GRAOS UNIVERSITARIOS ACTUALIZADOS

A CIUG ven de publicar a lista de prazas ofertadas nos distintos graos universitarios das Universidades galegas para a admisión no curso 2018/2019.

Nesta relación podemos ver a inclusión dos novos graos anunciados hai uns meses: Enxeñería Biomédica en Vigo, Criminoloxía, Biotecnoloxía e Paisaxe na USC e Xestión de moda na UDC, todos con 50 prazas.


Unha ampliación que terá de seguro moi boa acollida no noso alumnado. Podedes consultar todas as novidades premendo aquí.

Moito ánimo a todos e todas os que tedes a ABAU á volta da esquina!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)