Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2018

GRADUACIÓN BACHARELATO E CICLOS FP

Imaxe
O venres 22 de xuño, ás 18h, tivo lugar o acto de graduación do alumnado de 2° de bacharelato e ciclos medios e superiores de formación profesional do Floriani. Ao mesmo tempo se publicaban as listaxes provisionais das notas da ABAU, provocando o lóxico nerviosismo no auditorio (para ben, xa que 100% aprobados/as!!!). Presentadores de excepción,  Lucía e Alberto, discurso da directora, Sonia Casar, da profesora e titora de 2° bach, María Lorenzo, dos alumnos de Ciencias, Pablo García, e de Humanidades, Pablo Lugo, actuación da alumna de bach Tamara, e entrega de orlas e agasallos aos mellores expedientes (Alba Correa, David Chao, Pablo García, Pablo Lugo e Charo). Noraboa a todos e a todas e moita sorte no próximo destino!

FIN DE CURSO- 1°ESO

Imaxe
Que ben o pasamos na excursión de fin de curso de 1° da ESO organizada polo profe Emilio e as titoras dos grupos, Raquel e Conxita. A primeira parada foi no Castro de Troña, con restos arqueolóxicos de grande interese. Continuamos cara a Mondariz, onde fixemos unha agradable ruta para despois desfrutar do río. Tras a comida, nova ruta ata Mondariz balneario para rematar a tarde chapoteando na auga fresca. Non olvidaremos a calor que nos acompañou en todo o día pero moito menos esta xornada tan divertida de convivencia. Desfrutade do verán queridos e queridas alumnos/as!

ALMORZO MEDIACIÓN

Imaxe
Esta mañá tivemos un almorzo do equipo de mediación preparado por Paqui na cafetería do IES. A modo de despedida deste curso, falamos de como foron algunhas actividades e das que nos quedan para o vindeiro ano (excursión do equipo incluida). Grazas a todos e todas pola vosa dedicación. Botaremos moito de menos aos que sigades xa unha nova traxectoria vital fóra do Floriani. Aos demais, e aos novos e novas, vémonos no 18/19!

DESPEDIDA PROA

Imaxe
Esta tarde tivemos a última clase do PROA deste curso. O alumnado de 1°ESO aproveitou para expoñer o proxecto que realizou durante estes meses, ao mesmo tempo que traballaban lingua e matemáticas, entre outras. O proxecto consistiu en facer un presuposto dunha viaxe de volta ao mundo, tendo en conta un límite de diñeiro e buscando medios de transporte, aloxamentos, moedas internacionais, etc. Despois da exposición saímos ao patio para aproveitar o bo tempo e facer algunha dinámica de grupo. Tivemos unha doce merenda e o alumnado despediuse da profe María con moito agarimo. Moita sorte María! Grazas por todo 😘

DOCE DESPEDIDA

Imaxe
Esta semana tivemos a última reunión do departamento de orientación do curso. Agora a facer as memorias e a seguir cociñando para o 18-19! Grazas compañeiros/as!

CALENDARIO ESCOLAR 18-19

Imaxe

MOITA SORTE!

Imaxe
Aos alumnos e alumnas que mañá comezan a ABAU. Calma, confianza e seguridade! Lembrade que o venres 22 de xuño teremos a publicación das notas provisionais.

PRAZAS EN CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES

Imaxe
A Consellería de educación ven de publicar, a través da Orde do 24 de maio de 2018, a oferta de prazas en centros residenciais docentes para estudantes de ensinanzas postobrigatorias non universitarias, é dicir, Bacharelato ou Ciclos de FP.  Estes centros atópanse en Vigo, Ourense e A Coruña, e pódese optar ás súas prazas no caso de acceder a estudos que non existan na zona da residencia habitual do alumno/a ou en condicións familiares e persoais excepcionais.  Para o acceso terase en conta a renta familiar e os resultados académicos do curso anterior. Pódese optar a praza de residencia gratuíta ou ben de prezo reducido, segundo o baremo publicado na Orde. Prazo para presentar solicitudes: 1. Para o alumnado matriculado en bacharelato: do 11 de xuño ao 13 de xullo de 2018. 2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos: do 11 de xuño ao 8 de agosto de 2018. Toda a información podedes atopala premendo aquí .