DESPEDIDA PROA

Esta tarde tivemos a última clase do PROA deste curso.

O alumnado de 1°ESO aproveitou para expoñer o proxecto que realizou durante estes meses, ao mesmo tempo que traballaban lingua e matemáticas, entre outras.




O proxecto consistiu en facer un presuposto dunha viaxe de volta ao mundo, tendo en conta un límite de diñeiro e buscando medios de transporte, aloxamentos, moedas internacionais, etc.

Despois da exposición saímos ao patio para aproveitar o bo tempo e facer algunha dinámica de grupo.



Tivemos unha doce merenda e o alumnado despediuse da profe María con moito agarimo.

Moita sorte María! Grazas por todo 😘

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN