GALICIA SKILLS '18

Onte acudimos ao recinto feiral de Silleda, onde a Consellería de educación organizou este ano o Campionato galego de FP Galicia Skills.



O alumnado dos segundos cursos de Fp básica, ciclos medios e ciclo superior do IES, así como de 4°ESO (ensinanzas aplicadas), puideron recoller información xeral sobre a formación profesional, ver algunhas das competicións que había e participar dalgún dos obradoiros que se desenvolveron (peiteado e estética, robótica ou artes gráficas).




Sempre é unha boa experiencia para o alumnado saír e atoparse con alumnado doutros centros, coñecer de primeira man os proxectos de distintas FPs así como os resultados destes.



Grazas a Nuria Patiño, Nuria Pedrosa e Iván Seijas, docentes de FP, polas boas propostas e a súa preocupación, sempre, polos intereses do alumnado.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN