Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2018

UNITOUR' 18

Imaxe
Este martes 18 estivemos na feira de universidades Unitour 18, no Auditorio "Mar de Vigo", co alumnado de 2° BAC. Alí puidemos ter información directa das 3 universidades galegas, Vigo, Santiago e A Coruña, e doutras estatais, tanto públicas como privadas.  Había tamén postos de residencias universitarias e viñemos cargados con un montón de folletos informativos, chapas, bolis... Para rematar a xornada, participamos nalgunha entrevista para televisión coas nosas opinións acerca de estudos futuros e sobre a importancia das actividades de orientación. Esta é unha das actividades organizadas polo departamento de orientación sobre orientación académica e profesional para bacharelato.

BASTA XA!

Imaxe
Descansa en paz Laura💜. Non á violencia de xénero. Non á violencia machista. Basta xa! ✊ Ilustración: Laura Luelmo.

CHARLA FAMILIAS-Érguete

Imaxe
Nova charla da Asociación Érguete para as familias de Redondela-Chapela cunha temática moi interesante: Adolescencia, entendémola?

NAVEGA CON RUMBO

Imaxe
Esta tarde tivemos a charla sobre as Novas tecnoloxías e o seu bo uso da man do Enxeñeiro Informático Antonio De Andrés, do programa Navega con Rumbo. Estivo dirixida ao alumnado de 2° ESO. Dunha forma moi amena o relator explicou como deberíamos empregar a rede Internet de xeito seguro. As virtudes das novas tecnoloxías, ben empregadas, son moitas pero tamén os problemas que pode causar un mal uso destas. Falamos de redes sociais, ciberacoso e seguridade na rede. Grazas Antonio por esa información tan interesante e tan ben contada ao noso alumnado!  

3 D-DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Imaxe
Baixo o mesmo paraugas é o lema que nos últimos anos empregan distintas asociacións para conmemorar este día internacional da discapacidade, o 3 de decembro. Os paraugas de cores vestirán as cidades galegas este luns para dar visibilidade ás necesidades de moitas persoas diversas funcionalmente. A inclusión destas persoas nos centros educativos ten que ser unha realidade, xa que non somos máis que un reflexo da realidade social na que vivimos.