Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2019

30X- DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Imaxe
Hoxe conmemoramos o Día da paz e a Non violencia nos centros educativos.  No Floriani, o equipo de mediación estivo no recreo nunha mesa informativa, dedicando o seu tempo a explicar que é a mediación,  como solicitala e como se poden solucionar conflitos de forma pacífica e dialogante. Grazas a todas e todos pola vosa participación!

PREPARANDO O DIA DA PAZ

Imaxe
Grazas ao equipo de mediación polo bo traballo e a colaboración na organización do Día da paz, do vindeiro mércores 30 de xaneiro. Grazas a todas e todos. E grazas a Chus, Bea e a Sonia pola implicación!

OBRADOIROS ÉRGUETE 2019

Imaxe
Neste segundo trimestre retomamos os obradoiros impartidos pola Asociación Érguete Vigo, desta volta cos grupos de 3° e 4° ESO é 2° FP básica administrativo e electricidade. O alumnado terá oportunidade de informasrse e resolver posibles dúbidas coas especialistas que veñen ao IES, Noa e María, durante as sesións de titoría semanais de cada grupo. Grazas pola vosa profesionalidade sempre!

PROBAS ACCESO A CICLOS-CALENDARIO

Imaxe
A Consellería publica, a falta da publicación da convocatoria oficial, o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior deste ano 2019. Consellería de Educación

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS

Imaxe
Este mes de xaneiro ábrese o prazo para solicitar participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais. Mediante este, as persoas interesadas poderán obter unha certificación da súa experiencia profesional aínda que non teña titulación desta a priori, sempre e cando estea relacionada cunha unidade de competencia recollida no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. O prazo de inscrición na páxina web da Consellería de educación vai dende o 14 de xaneiro ata o 7 de febreiro. Para acceder a toda a información podes premer aquí .