- Blog do Departamento de Orientación - IES Pedro Floriani de Redondela-
Pretendemos achegar a toda a comunidade educativa novas de interese e ferramentas diversas, ademais de mostrar algunhas das actividades que levamos a cabo no noso centro.
Grazas por visitarnos!
PROBAS ACCESO A CICLOS-CALENDARIO
Obter ligazón
Facebook
Twitter
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
A Consellería publica, a falta da publicación da convocatoria oficial, o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior deste ano 2019.
Este mércores tivemos a última sesión do Obradoiro de Promoción da saúde mental a cargo de Maica Álvarez, psicóloga da Asociación Lenda de Redondela, con 1° curso do ciclo básico de Electricidade e Electrónica. Foi unha sorte contar nesta ocasión coa presenza de José, que nos contou, sinceira e desinteresadamente, a súa experiencia persoal. Moitas grazas pola vosa intervención, coa que tanto aprendimos. Xa vos esperamos para a seguinte con 2° de bacharelato! Como o bo tempo nos acompañou, aproveitamos para facer a sesión no exterior. Deixámosvos unhas imaxes.
Interesante traballo de Daniel Veiga no seu blog GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL no que recopila unha chea de blogs de orientación. Os meus parabéns por este traballo que vou subir ao meu blog. Blogorientación 1-100 , by titoriabarbon Blogorientación 101-122 , by titoriabarbon
A atención á diversidade nunha escola inclusiva puxo en valor a individualización do proceso de ensino - aprendizaxe, que debe adaptarse ás distintas realidades das alumnas e dos alumnos do sistema educativo: ás súas potencialidades, ao seu desenvolvemento, aos seus ritmos, aos seus estilos e ás súas particulares formas de ser e de aprender. E isto cobra especial significado cando se trata do alumnado con trastorno do espectro do autismo (TEA), non tanto para recoñecer que ese alumnado existe, senón para abordar o seu proceso educativo de forma singular. PROTOCOLO
Comentarios
Publicar un comentario