Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2019

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ!

Imaxe

GRUPO TRABALLO-APRENDIZAXE COOPERATIVA

Imaxe
Este curso comezamos a Iniciación á Aprendizaxe cooperativa, un grupo de traballo de 12 profes e estamos aprendendo un montón! Contamos co asesoramento do Cefore-Vigo e incluimos esta formación dentro das medidas de mellora da convivencia no centro. Grazas a todas pola colaboración!

RISCOS DE INTERNET-PLAN DIRECTOR CONVIVENCIA

Imaxe
O alumnado de 1°ESO acudiu este venres 22 de febreiro a unha charla impartida pola subinspectora da Policía, Mercedes Dabán, nesta ocasión acerca de Internet, as redes sociais e como facer un uso seguro destas. Con casos reais comprendemos a importancia da pegada dixital e como pode influír o que publicamos na rede nas nosas vidas e nas dos demais. A pesar de que contamos con este tipo de información, moito alumnado menor de idade, e as súas familias, segue sin ser consciente dos perigos dun uso inadecuado destas redes. Grazas Mercedes! 

ACOSO ESCOLAR-PLAN DIRECTOR CONVIVENCIA

Imaxe
Este mércores 20 de febreiro o alumnado de 2° ESO acudiu a unha charla no salón de actos impartida por Mercedes Dabán, subinspectora da Policía Nacional. Esta charla sobre Acoso escolar inclúese dentro do Plan Director para a mellora da Convivencia nos centros escolares . Contounos cando é acoso e cando non, que situacións son máis comúns e a importancia de que ningún membro da comunidade educativa deixe de denunciar situacións deste tipo. Quedounos claro que este problema segue existindo a través de exemplos reais e experiencias de familias que pasaron por iso, e lembramos o tristemente coñecido caso de Jokin, que sufriu acoso continuado ata que non pudo máis, no ano 2004. Grazas Mercedes pola túa exposición! Continuaremos con máis charlas educativas acerca doutros temas de interese.

BENVIDA DA AULA DE MÚSICA

Imaxe
A profesora de música Belén Collado preparou xunto cun grupo de rapaces e rapazas unha interpretación musical de benvida ao alumnado visitante do Illa de San Simón. Desfrutade dela no seguinte vídeo. Belén, agora que vos coñecemos... Queremos máis! Grazas!

O IES ILLA SAN SIMÓN VISITANOS!

Imaxe
Esta mañá tivemos no Floriani a visita do alumnado de 4° ESO do IES Illa de San Simón acompañados por Noemí, a súa orientadora, xunto co director e un profesor. No salón de actos fixemos unha charla introdutoria para presentar o noso centro e a oferta educativa e de actividades complementarias. Despois fixemos un percorrido polo IES visitando os ciclos medios de electricidade e administración, o taller de tecnoloxía e robótica, a aula de música, laboratorio de bioloxía, aula de informática e aula de plástica, para rematar coñecendo a Biblioteca cun almorzo de media mañá. Grazas pola vosa visita e esperamos tervos pronto cursando ensinanzas post-obrigatorias no Floriani! Grazas como sempre a todo o profesorado que participou deste percorrido dedicándonos o seu tempo: Víctor, Rosa Otero, Pilar Dios, Belén, Cristina, Laura, Eva, Chus e Sonia. E ao alumnado acompañante!

18F. DÍA INTERNACIONAL ASPERGER

Imaxe
Hoxe 18 de febreiro conmemoramos o Día internacional da Síndrome de Asperger, educando á sociedade para unha maior inserción educativa, social e laboral das persoas con este trastorno do neurodesenvolvemento.

VISITA AO CAMPUS UNIVERSITARIO DA USC

Imaxe
Este mércores 13 de febreiro visitamos, co alumnado de 2° Bacharelato, o campus universitario de Santiago de Compostela, escollendo aquelas facultades que nos interesaba coñecer. No campus Norte visitamos Educación infantil e Primaria, Traballo social, Odontoloxía e Enfermería. No campus Sur , Psicoloxía e Ciencias da educación, Matemáticas, Física, Enxeñería Informática, Bioloxía, Farmacia e Dereito e Ciencias Políticas. Comimos na residencia universitaria Monte da Condesa, que aproveitamos para visitar guiadas polo seu conserxe.  Xa pola tarde, visitamos no Pazo de Fonseca o salón de recepcións e a súa marabillosa biblioteca. Rosi, a guía, que foi moi atenta e instrutiva, ensinounos tamén o paraninfo da Facultade de Historia. Non podiamos perder a ocasión de asomarnos á biblioteca desta facultade, que é impresionante, animadas pola profesora Marga Tovar. Coma sempre, visitar Santiago foi un pracer. Grazas a Marga e a Chus p

COMEZO DO PROA

Imaxe
Este martes 12 de febreiro comezarán as clases do Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA) no IES. Este programa está dirixido neste curso 18-19 ao alumnado de 1° e 2° ESO, no seguinte horario: 1° ESO : martes e xoves de 16.30 a 18.30h. 2° ESO : martes e xoves de 18.30 a 20.30h.

CRUZ VERMELLA-REDONDELA

Imaxe
Esta mañá tivemos a visita informativa de Diana e Irene, de Cruz Vermella - Redondela (Casa da cultura). Precisamente viñeron a falarnos desta nova Delegación que tan benvida será na localidade e das actividades que levan a cabo de apoio a persoas en situación de vulnerabilidade (acompañamento a persoas maiores, reforzo educativo e social a nenos/as e adolescentes e as súas familias, charlas educativas nos centros sobre diversas temáticas, etc.). Ademais, aproveitaron para invitar ao alumnado dos ciclos medios e superior a que se apuntaran como voluntarios/as nesta organización. Grazas polo voso traballo e esperamos colaborar dende agora en distintas actividades socio-educativas!

PROBAS LIBRES TÍTULOS ESO E BACHARELATO

Imaxe
A Consellería publica as convocatorias para as probas libres de obtención dos títulos da ESO (para maiores de 18 anos) e do Bacharelato (para maiores de 20 anos). Tedes a información dos prazos e os requisitos para poder presentarvos premendo aquí .