Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2019

2 ABRIL #DIAMUNDIALAUTISMO

Imaxe
O 2 de abril conmemoramos o Día mundial do autismo. Deamos visibilidade ao trastorno de espectro austista para unha maior comprensión deste pola sociedade.

LESIÓNS MEDULARES-COGAMI

Imaxe
Hoxe os ciclos medios de FP (Xestión administrativa e Instalación de telecomunicacións) tiveron unha charla sobre Lesións medulares impartida por Xulia, traballadora social de Cogami, e Iván, usuario desta asociación. Como xa os coñecemos, sabemos que é unha sorte contar con el@s, coas súas explicacións, experiencias e vivencias tan interesantes e inspiradoras. Grazas por compartilas con nós!

II ENCONTRO MEDIACIÓN: IES A GUIA-FLORIANI

Imaxe
A do Luns foi unha xornada de encontro dos equipos de mediación de ambos IES, como xa adiantamos, moi completa e divertida. Deixámosvos algunhas fotos das actividades que fixemos: Exposición do traballo que realizan ambos equipos no salón de actos. Caminata polo monte de A Guía. Xogos cooperativos no pavillón. Estamos desexando xa que chegue o novo encontro! Grazas a tod@s!!

CONVIVENCIA MEDIACIÓN: A GUÍA-FLORIANI

Onte vivimos unha xornada de convivencia no II Encontro dos Equipos de Mediación do IES A Guía e o IES Pedro Floriani. O curso pasado tivemos a súa visita no Floriani e este xa organizaron alí, co orientador Fran á cabeza, unha xornada agradable e divertida, na que comemos, compartimos traballo e experiencias, paseamos polo monte da Guía e fixemos xogos cooperativos no pavillón do IES. Unha marabillosa experiencia que contamos con repetir. Grazas pola organización e acollida! En breves subiremos máis fotos. Agora... Un pequeno adianto da despedida.

CHARLA AXENTE DESENVOLVEMENTO LOCAL

Imaxe
Hoxe tivemos unha charla acerca de ferramentas para a búsqueda de emprego dirixida ao alumnado de 2° FP básica das nosas familias profesionais.  Foi impartida por Mamen, axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Redondela, que nos explicou un montón de opcións diferentes que o alumnado, e calquera que remate unha etapa e queira incorporarse ao mundo laboral, pode ter en conta para formarse profesionalmente e acadar un emprego (obradoiros, cursos, tipos de CVs, axencias de emprego, ETTs ou páxinas web de interese). Grazas pola colaboración Mamen!

QUÉROTE +

Imaxe
Os grupos de 3° ESO tiveron hoxe un obradoiro de educación afectivo-sexual da man de Penélope, psicóloga e sexóloga, do centro Quérote + de Compostela. Este tipo de obradoiros tan necesarios fan que o alumnado demande máis horas sobre o tema, o cal non sempre é posible. Grazas Penélope pola información tan interesante que nos deixaches!

ADMISIÓN ESO E BACHARELATO

Imaxe
Dende o 1 desde mes ata o día 20 de marzo está aberto o prazo de solicitude de admisión para novo alumnado en ESO e BACHARELATO. Para máis información podedes achegarvos á Secretaría do IES ou consultar a páxina web da Consellería de Educación.

8M-DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Imaxe

CHARLA UVIGO

Imaxe
Hoxe o alumnado de 1° e 2° de Bacharelato tivo unha charla de orientación académica a cargo de Magdalena, representante  do SIE (Sección de Información ao Estudante) da Uvigo, que nos trouxo información sobre os graos desta Universidade e o acceso a estes. Ademais de falarnos das novidades da ABAU deixounos folletos informativos e uns lápices chulísimos.  Grazas pola colaboración!

ENTROIDO '19