Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2019

SEDE PROBA ACCESO A CM

Foron publicadas xa as sedes para a realización das probas de acceso a ciclo medio deste 28 de maio. As persoas que se inscribiron para as mesmas no IES Pedro Floriani deberán presentarse no CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo. Moita sorte a tod@s!!!

REUNIÓN EQUIPO MEDIACIÓN

Imaxe
Xa queda pouco deste curso 18-19 e no equipo de mediación reunimonos para facer balance das actividades realizadas. Ademais, tomamos algunhas decisións acerca das novas funcións que asumirá o equipo de cara ao vindeiro curso, e que xa vos iremos contando. Grazas equipo!