UNITOUR 2019

O martes acudimos co alumnado de 2° bacharelato á feira das universidades celebrada no Auditorio do Mar de Vigo. Alí puidemos obter información de primeira man tanto das universidades galegas (Santiago, Vigo e A Coruña) como doutras estatais. Tamén había escolas específicas de artes e residencias universitarias presentando a súa oferta. As rapazas e rapaces puideron coller folletos, bolsas e bolis, así como facer consultas personalizadas nos distintos postos.

Unha boa experiencia que esperamos repetir e que se complementará coas charlas de orientación académica no IES e a visita ao campus universitario, dentro das actividades do programa de orientación académica e profesional para bacharelato.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN