Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2019

CHARLA GRAO EN COMERCIO

Imaxe
Hoxe tivemos, para o alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, unha charla impartida polo profesor Emilio García Roselló, da Universidade de Vigo, sobre o Grao en Comercio.  Este Grao é único en Galicia e tal vez sexa algo descoñecido, pero preséntase como unha saída moi interesante para o noso alumnado do Ciclo Superior de Admón e Finanzas que queira seguir formando a súa carreira no ámbito da empresa ou para todos/as aqueles/as con gañas de emprender nun futuro,  xa que o Grao en Comercio aporta unha formación multidisciplinar no seu ámbito. A facultade, como curiosidade, é das poucas situadas no centro da cidade (Torrecedeira) e non no campus do CUVI. Emilio deixounos algúns folletos informativos pero podedes consultar toda a info sobre este Grao na súa páxina web . Grazas polas túas interesantes aportacións!

PREVENCIÓN DROGODEPENDENCIAS-PLAN DIRECTOR

Imaxe
Hoxe o alumnado de 1° FP básica e 4°ESO A acudiu a unha charla sobre prevención de drogas impartida pola subinspectora da Policía Nacional de Vigo-Redondela, dentro das charlas do Plan Director para a mellora da convivencia. A pesar de ser un tema tratado de diversas formas todos os cursos, seguimos vendo como algunhas persoas desbotan a súa xuventude polo consumo de substancias dende idades moi temperás, que en moitas ocasións chega a un nivel difícil de controlar.  Esperamos que esta información que aportamos poida previr dependencias e situacións prexudiciais para as vidas do alumnado e da xente que os rodea.

UNHA DINÁMICA NOVA PARA O AUTISMO

Imaxe