PROCESO DE ADMISIÓN NA UNIVERSIDADE (PREINSCRICIÓN)

Hoxe ábrese o prazo ordinario de preinscrición nos graos universitarios de Galicia, que estará aberto ata o día 28 de xullo ás 14h. Se queredes solicitar acceso noutra comunidade teredes que enviar a documentación que vos soliciten en cada universidade en concreto. Isto xa en cada páxina web ou vía telefónica, para informarvos ben.

Para solicitar praza nas universidades galegas, a través da vosa aplicación Nerta, podedes seleccionar os graos por orde de preferencia ata o mesmo día 28 en que acaba o prazo. É dicir, podedes modificar o que poñades nestes días ata ese momento. Ás 14:00h do 28 de xullo pecharase o prazo e  gardarase a última modificación. O ideal é telo ben pensado, cubrilo e revisalo, sen modificar máis!

O 11 de agosto publicarase o primeiro listado de adxudicacións. Se non obtedes praza na primeira opción, apareceredes en espera e así irán saíndo ata seis listados. Non olvidedes a novidade deste ano: tedes que confirmar expresamente que queredes permanecer na listaxe de espera!

Se vos convocan á praza preferente... Importante!!! Tedes que formalizar a matrícula, como veredes, nos dous días seguintes a esa convocatoria. A matrícula faise xa directamente na web da universidade escollida.

Déixovos o calendario coas datas deste proceso de admisión, para que o vexades máis claro.


Ademáis, deixamos aquí o vídeo explicativo publicado pola CIUG, moi clariño, sobre os pasos do proceso de preinscripción.



Moita sorte a todas e a todos!!!

Se precisades facer algunha consulta podedes escribir a orientadorafloriani@gmail.com


Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN