Publicacións

XUNTANZA FINAL COOPERATIVO

Imaxe
Hoxe despedimos o grupo de traballo cooperativo deste curso. Foi complicada e moi diferente a formación e o seu desenvolvemento neste ano pandémico, pero o que é seguro é que non deixamos de aprender. Foi un pracer formar parte deste equipo durante tres anos, intentando levar a función de coordinadora o mellor posible. Agora remata unha etapa pero o grupo segue adiante. Moita sorte á nova coordinadora e a todo o equipo! Foto finish

ABAU-CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

Imaxe
Deixámosvos o horario da próxima proba da ABAU na súa convocatoria extraordinaria deste ano, que se celebrará os días 13, 14 e 15 de xullo. Moita sorte!

ADMISIÓN FP 21-22

Imaxe
Xa temos o calendario de admisión para o acceso ás ensinanzas de Grao Medio e Grao Superior de Formación Profesional para o vindeiro curso 21-22. Ao igual que o curso pasado, o prazo de solicitudes comeza o 25 de xuño. Deixámosvos o calendario completo na seguinte imaxe. Para consultar máis información, podedes premer aquí .

PERIGOS DE INTERNET

Imaxe
A finais do mes de maio tivemos no IES as sesións sobre Internet e Redes Sociais programadas coas titorías de 1° e 2° da ESO.   Dous axentes de participación cidadá, da Policía Nacional, acudiron a impartir as sempre interesantes charlas acerca de Internet e os posibles perigos da rede nos que pode caer o noso alumnado, sobre todo, a través das redes sociais e xogos online. Esta actividade está enmarcada dentro do  Plan Director para a Convivencia nos centros educativos.  Podedes ler máis información sobre os contidos das mesmas no Floriani premendo na seguinte nota de prensa. Deixámosvos unhas imaxes desta actividade nos grupos de 1° e 2° ESO, A e B.

MATERIAS LIBRE CONFIGURACIÓN:1° ESO

Imaxe
Deixámosvos unha breve explicación das materias de libre configuración que se ofertan en 1° ESO . Como saberedes, tedes que escoller entre estas por orde de preferencia, segundo a que máis vos guste (1°, 2°, 3°). Moita sorte neste cambio de etapa que xa está tan cerca!!!

SCREEN TIME: TEMPO DE PANTALLA

Imaxe

AUTOCOÑECEMENTO

Imaxe
Autocoñecemento : o coñecemento que tedes de vós mesmos/as (o que vos gusta, intereses, as vosas aptitudes -o que se vos da ben e mal, as materias nas que sacades boas notas…-, os vosos valores, etc). Este é o primeiro aspecto sobre o que debedes recapacitar.  Para axudarvos, deixovos: un  cuestionario  que ofrece un informe final bastante completo. Preme  aquí .   E unha batería de  test online  que valora as aptitudes persoais, as destrezas e as preferencias para dar como conclusión unha área de coñecemento específica. Preme  aquí . A elección do voso futuro académico-profesional implica un exercicio de profunda  reflexión persoal  sobre como sodes, que vos gusta e a que vos gustaría dedicarvos.   Pensade que nun posto de traballo pasamos moito tempo, unhas 7 ou 8 horas cada día. Facede a multiplicación: 7 horas/día x 5 días á semana, 4 semanas ao mes, 11 ou 12 meses ao ano…  Saen moitas horas, verdade ?  Para dúbidas ou consultas podedes escribirme a: orientadorafloriani@gmail.com

ABAU-SEDE E HORARIOS

Imaxe
Este ano o noso alumnado fará os exames de ABAU (8, 9 e 10 de xuño) na Facultade de Dereito do campus universitario de Vigo. Os horarios das distintas probas son os seguintes:

COOPERATIVO-CADERNOS DE EQUIPO

Imaxe
Este venres, na Biblioteca do centro, comezamos a practicar cos Cadernos e Plans de equipo (ámbito C) nos grupos de alumnado cos que traballan as profes de Introdución (ano 1). Nas imaxes podedes ver a Raquel, profe de Bioloxía, co grupo de 3° ESO A e a Laura, profe de Inglés, co grupo de 4° ESO A. Nesta fase da aprendizaxe, cada equipo traballa co seu caderno. Escollen un nome e unha imaxe que os represente como grupo, poñen uns obxectivos de equipo e persoais, e cada persoa adquire un rol determinado: coordinador/a, secretario/a, axudante e voceiro/a, cunhas funcións concretas que deben cumprir.  Tras traballar con algunhas estruturas cooperativas, avaliarán todo o funcionamento do equipo. Así, durante o mes de maio, seguiremos con esta práctica coa que remata o traballo do Plan de Formación en Aprendizaxe Cooperativa deste curso. Moitas grazas a todo o equipo de cooperativo!