AUTOCOÑECEMENTO

Autocoñecemento: o coñecemento que tedes de vós mesmos/as (o que vos gusta, intereses, as vosas aptitudes -o que se vos da ben e mal, as materias nas que sacades boas notas…-, os vosos valores, etc). Este é o primeiro aspecto sobre o que debedes recapacitar. 

Para axudarvos, deixovos:
  • un cuestionario que ofrece un informe final bastante completo. Preme aquí. 
  • E unha batería de test online que valora as aptitudes persoais, as destrezas e as preferencias para dar como conclusión unha área de coñecemento específica. Preme aquí.
A elección do voso futuro académico-profesional implica un exercicio de profunda reflexión persoal sobre como sodes, que vos gusta e a que vos gustaría dedicarvos. 
Pensade que nun posto de traballo pasamos moito tempo, unhas 7 ou 8 horas cada día. Facede a multiplicación: 7 horas/día x 5 días á semana, 4 semanas ao mes, 11 ou 12 meses ao ano… Saen moitas horas, verdade

Para dúbidas ou consultas podedes escribirme a:
orientadorafloriani@gmail.com

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE FP