COOPERATIVO-CADERNOS DE EQUIPO

Este venres, na Biblioteca do centro, comezamos a practicar cos Cadernos e Plans de equipo (ámbito C) nos grupos de alumnado cos que traballan as profes de Introdución (ano 1).

Nas imaxes podedes ver a Raquel, profe de Bioloxía, co grupo de 3° ESO A e a Laura, profe de Inglés, co grupo de 4° ESO A. Nesta fase da aprendizaxe, cada equipo traballa co seu caderno. Escollen un nome e unha imaxe que os represente como grupo, poñen uns obxectivos de equipo e persoais, e cada persoa adquire un rol determinado: coordinador/a, secretario/a, axudante e voceiro/a, cunhas funcións concretas que deben cumprir. 

Tras traballar con algunhas estruturas cooperativas, avaliarán todo o funcionamento do equipo.

Así, durante o mes de maio, seguiremos con esta práctica coa que remata o traballo do Plan de Formación en Aprendizaxe Cooperativa deste curso.

Moitas grazas a todo o equipo de cooperativo!











Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE FP