Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2015

DÍA DA PAZ - APERTAS DE BALDE

Imaxe

APERTAS DE BALDE - ABRAZOS GRATIS

Imaxe
ABRAZOS GRATIS AG 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRICULACIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS PÚBLICOS EN GALICIA PARA O CURSO 2015 - 2016

Imaxe
A consellería publicou o procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o próximo curso 2015/2016 CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN:  Reserva de praza no centro de orixe ou centro de adscrición: 1 e 15 de febreiro.  Sorteo público a efectos de desempate: Última semán de febreiro.  Publicación de postos escolares vacantes: 1 de marzo.  Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.  Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo: Do 22 de marzo ao 7 de abril. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: Antes do 25 de abril.  Reclamacións: 5 días hábiles a contar a partir do día seguinte da publicación das listaxes provisionais. Publicación de listaxes definitivas: Antes do 15 de maio. CALENDARIO DE MATRICULACIÓN:  Educación Infantil e Educación Primaria: Do 20 ao 30 de xuño.  Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato: D

NOTAS DE CORTE E OFERTA DE PRAZAS NO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO

Imaxe

CHARLA SOBRE TDAH

Imaxe
Onte martes, levouse a cabo unha actividade-charla sobre o TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade). Organizada polo Departamento de Orientación e dirixida a todo o profesorado do centro.  O poñente, Cesar Álvarez, psicologo de ANHIDA , falounos de dito trastorno comezando pola propia definición, diagnóstico e condutas asociadas ao TDAH e rematando cunhas orientacións prácticas na intervención con este tipo de alumnado, orientación que son válidas para todo o alumnado. Grazas a Cesar pola colaboración prestada e grazas ao profesorado pola súa asistencia.

ACCESO Á ESCALA DE TROPA E MARINERÍA 2015

Imaxe
No BOE do 23 de Xaneiro convócase o acceso á Escala de Tropa e Marinería para este ano 2015. Prazos de cita previa: Do 24 de Xaneiro ao 12 de Febreiro.  Do 2 ao 22 de Xuño.  Requisitos académicos: estar en posesión, como mínimo, do título de Graduado na ESO ou equivalente. Enlace á convocatoria do BOE . Para máis información sobre o Exército e as súas formas de acceso podedes consultar este documento de Ibercaja Orienta .

APROBAR!

Imaxe

PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL

Imaxe
Xúntase a Resolución do 14 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.  O prazo de presentación das solicitudes será entre o 16 e o 27 de febreiro de 2015 .  As probas terán lugar o día 24 de abril de 2015 , en sesións de mañá e tarde, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.  Información sobre probas anteriores (exames)  INFORMACION

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO 2015

Imaxe
Resolución do 14 de xaneiro de 2015 , da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.  Información de probas anteriores (exames). Os prazos de matrícula serán:  – Convocatoria de maio : 16 de marzo ao 27 de marzo de 2015 , ambos os dous incluídos.  – Convocatoria de setembro : 1 ao 10 de xullo de 2015, ambos os dous incluídos. INFORMACIÓN

CAMIÑO Á ESCOLA

Imaxe
Un fantástico documental: “ Camino a la escuela ” do director francés Pascal Plisson, galardoado co premio César 2014 por este traballo, fálanos de miles de dificultades coas que se atopan para ir á escola catro nenos de entre 11 e 13 anos de Kenya, Marrocos, Arxentina e India. Trata sobre o Dereito á Educación, que recordemos que é un dereito humano fundamental, esencial para poder exercitar todos os demais dereitos e que os Estados teñen que garantir.

EDUCACIÓN

Imaxe

I´M SCARED - TEÑO MEDO

Se mentres vemos este vídeo a angustia non fai presa de nós, é que na nosa viaxe pola vida pasamos por alto algunha peaxe...  Canto camiño queda aínda por percorrer para que ese "terror" desapareza?   "O segrel do Penedo"  

RÖDHÅRIG - FRIENDS

Rödhårig  Vídeo sueco contra o acoso escolar ou bullying.

NORMAS DE AULA

Imaxe

RESUME LOMCE

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Imaxe
Ponte nas ondas

HABILIDADES SOCIAIS - CONVIVENCIA

Imaxe
Premendo na imaxe accédese á páxina de convivencia escolar da "Consejería de Educación de la Junta de Andalucía" onde podemos descargar catro guías para traballar as habilidades sociais , entre elas unha para o alumnado de secundaria. GUIA PARA SECUNDARIA: SER PERSOA E RELACIONARSE  Fonte: ORIENTABLOG

INDICADORES DO ÉXITO NA AULA CON ALUMNADO CON TDAH

Imaxe

INCLUSIÓN EDUCATIVA

Imaxe
Guía de materiais para a inclusión educativa: discapacidade intelectual e do desenvolvemento, para  educación secundaría.  Preme na imaxe para acceder a guía.

PAU 2015

 No blog de  Silvina Paricio ORIENTA xa podemo ver o calendario xeral das PAU 2015  CIUG  

REAL DECRETO DO NOVO CURRÍCULO DA ESO E BACHARELATO

Imaxe
Publicado no BOE o Real Decreto 1105/2014, de 26 de diciembre , por el que se establece el currículo básico de la Educación Secundaria Obligatoria y del Bachillerato.  Coa súa implantación, asignaturas como Tecnoloxía, Educación Plástica, Música e Filosofía, entre outras, veranse relegadas a materias optativas, có que a súa presencia no currículo quedará sensiblemente reducida. Tócalle agora ás distintas Comunidades Autónomas desenvolver os correspondentes Decretos.

BECAS MEC 2014/2015. REQUISITOS ACADÉMICOS

Imaxe
www.becasdudasmec.com

VIDEOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Imaxe

NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS NA ESO

Imaxe
Dada a progresiva complexidade do currículo da ESO, sen perder de vista a adaptabilidade do currículo basee ás capacidades propias dos alumnos que cursan estas ensinanzas, procede a elaboración dun currículo especialmente deseñado que, partindo dos niveis de desenvolvemento e adquisicións dos alumnos con necesidades educativas especiais permanentes, garanta a continuidade da súa formación, ordenando os obxectivos e contidos para conseguir progresivamente a mellor integración social e laboral.  Este documento foi elaborado por profesionais do CREENA expertos na atención ao alumnado con minusvalidez psíquica, e é froito da súa experiencia e dedicación como asesores e orientadores nos institutos de secundaria e como colaboradores na formación permanente do profesorado especialista en pedagoxía terapéutica destes centros.  O seu obxectivo é proporcionar ao profesorado de Secundaria información abondo sobre as necesidades educativas do alumnado con minusvalidez psíquica e axudar no pr

GUIA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

Imaxe
Guía de orientación profesional editada polo Ministerio de Educación para asesorar ao alumnado na súa  elección de profesión a través da Formación Profesional. COMO ELEXIR?  

ILLA DE SAN SIMÓN

Imaxe

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS EN GALICIA -2015-

Imaxe
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou a orde do 16 de decembro de 2014 , pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profesionais.  PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 8 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2015.  A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación infor¬mática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion .  A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o proced

BECAS PARA ESTUDAR EN CANADÁ OU ESTADOS UNIDOS

Imaxe
A fundación AMANCIO ORTEGA convoca unha nova edición das becas para estudar 1º de bacharelato en Canadá ou en Estados Unidos durente o próximo curso 2015-2016. Son 200 becas dirixidas ao alumnado de 4º ESO e pertimitiralle convivir cunha familia durente todo o curso no pais de destino.  Requisitos:  • Ter pasaporte español.  • Estudar actualmente 4º ESO nun centro educativo de España.  • Ter unha nota media mínima de 7,5 en 3º ESO e de 8,00 en inglés.  • Aportar o certificado IRPF do último ano fiscal da unidade familiar.  • Non haber estudado anteriormente no estranxeiro.  Prazo: do 7 de xaneiro ao 9 de febreiro.  Solicitude: realizar a inscripción na web. Información